1
Paulo, apóstolo, non de homes nen pola man dos homes senón por medio de Xesús Cristo e Deus o Pai, quen o resucitou dos mortos,
2
e todos os irmáns que están comigo, ás igrexas de Galacia:
3
a graza e a paz de Deus noso Pai e Señor Xesús Cristo sexa con vós,
4
Quen se deu a si mesmo polos nosos pecados, segundo a vontade do noso Deus e Pai para poder librarnos destes malos tempos nos que vivimos,
5
a El sexa a gloria por sempre. Amén.
6
Abráiame que abandonarades tan pronto ao que vos chamou pola graza, para seguir un evanxeo diferente.
7
Isto non quere dicir que hai outro evanxeo, senón que hai algúns que vos andan a quentar a cabeza e queren revirar o evanxeo de Cristo.
8
Pero se mesmo nós, ou un anxo do ceo, vos anunciase un evanxeo contrario ao que vos temos anunciado, sexa maldito.
9
Como dixemos antes, e tamén repito agora: se algún vos anuncia un evanxeo contrario ao que recibistes, sexa maldito.
10
Porque, busco quedar ben coas persoas ou con Deus? Ou fago o esforzo de agradar ás persoas? Se estivese tratando de compracer ás persoas, non sería servo de Cristo.
11
Porque quero que saibades, irmáns, que o evanxeo que anunciei non é evanxeo humano.
12
Xa que eu non o recibín de persoa algunha, nen mo ensinaron. Pola contra, foime revelado por Xesús Cristo.
13
Porque vós escoitastes da miña antiga maneira de vivir no xudaísmo, como dera en perseguir á igrexa de Deus sen misericordia, tratando de destruíla,
14
e, como eu avantaxaba a moitos dos meus contemporáneos e do meu propio pobo, amosando moito máis celo polas tradicións dos meus devanceiros.
15
Pero cando Deus, que me escolleu dende o seo da miña nai e me chamou pola súa graza,
16
tivo a ben revelar o seu Fillo en min para que anunciase as boas novas aos xentís, non pedín consello de seguida á ningunha persoa,
17
nen subín a Xerusalén onda os apóstolos que me precederon, senón que fun a Arabia, e despois volvín a Damasco.
18
Despois de tres anos, subín a Xerusalén para coñecer a Pedro, e quedei con el quince días.
19
Pero non vin a ningún máis dos apóstolos, agás a Xacobe, o irmán do Señor.
20
(Asegúrovos diante de Deus que non minto no que vos escribo).
21
Despois fun ás rexións de Siria e Cilicia.
22
Mais aínda non me coñecían en persoa nas igrexas de Xudea que están en Cristo,
23
senón que só escoitaran dicir: o que noutro tempo nos perseguía, agora predica a fe que nun tempo quería destruír.
24
E por esta razón glorificaban a Deus.