16
1
Recoméndovos á nosa irmá Febe, diaconisa da igrexa en Cencrea;
2
recibídea no Señor dunha maneira digna dos santos e axudádea en calquera asunto en que ela vos necesite, porque ela tamén axudou a moitos e aínda a min mesmo.
3
Saudade a Priscila (Prisca¿?) e a Aquila, os meus colaboradores en Cristo Xesús,
4
os cales arriscaron a súa vida por min, a quen non só eu dou grazas, senón tamén todas as igrexas dos xentís.
5
Saudade tamén á igrexa que está na súa casa. Saudade ao meu querido irmán Epeneto, que é [a primicia orig.] o primeiro convertido a Cristo en Asia.
6
Saudade a María, que traballou moito por vós.
7
Saudade a Andrónico e a Xunias, os meus parentes e compañeiros de prisión, que destacanse entre os apóstolos e son quenes tamén viñeron a Cristo antes que eu.
8
Saudade a Amplas, o meu querido irmán no Señor.
9
Saudade a Urbano, noso colaborador en Cristo e ó meu querido irmán Estaquis.
10
Saudade a Apeles, o aprobado en Cristo. Saudade aos da casa de Aristóbulo.
11
Saudade a Herodión, o meu parente. Saudade aos da casa de Narciso, que son do Señor.
12
Saudade a Trifena e a Trifosa, obreiras do Señor. Saudade a querida irmá Pérsida, que traballou moito no Señor.
13
Saudade a Rufo, escollido no Señor e tamén á súa nai e miña.
14
Saudade a Asíncrito, a Flegonte, a Hermes, a Patrobas, a Hermas e aos irmáns con eles.
15
Saudade a Filólogo e Xulia, a Nereo e á súa irmá e a Olimpas e a todos os santos que están con eles.
16
Saudádevos uns aos outros cun bico santo. Todas as igrexas de Cristo saúdanvos.
17
Rógovos irmáns que vixiedes aos que causan conflito e tropezos contra as ensinanzas que aprendistedes e apartádevos deles.
18
Porque eles son escravos, non do noso Cristo Señor mais dos seus propios desexos e por medio de palabras suaves e adulacións enganan ós corazóns dos inocentes.
19
Porque a noticia da vosa obediencia extendeuse a todos. Polo tanto, alégrome por vos pero quero que sexades sabios para o bo e inocentes para o malo.
20
E o Deus de paz quebrantrá [¿esmagará?] a Satán por debaixo dos vosos pés.
A graza do noso Señor Xesucristo sexa con vos.
21
Timoteo, o meu colaborador, saúdavos e tamén Lucio, Iasón e Sosípater, os meus parentes.
22
Eu, Tercio, que escribo esta carta, mándovos saúdos no Señor.
23
Gaio, o meu pousadeiro e de toda á igrexa, saúdavos. Erasto, o tesoreiro da cidade, saúdavos e o irmán Cuarto.
25
E aquel que é poderoso para fortalecervos conforme ó meu evanxeo e a predicación de Xesucristo, según a revelación do misterio que mantivose en segredo durante séculos sen fin,
26
mais agora xa foi manifestado e polas Escrituras dos profetas, conforme o mandamento do Deus eterno, deuse a coñecer a todas ás nacións para guialas á obediencia da fe,
27
ao único e sabio Deus, por medio de Xesucristo, sexa a gloria para sempre. Amén.