12
Cando rematou o Sábado, mp mencer do primeiro día da semana, chegou María Magdalena maila outra María, para visitar o sepulcro. E houbo un grande terremoto, porque un anxo do Señor, descendendo do ceo, aproximóuse e fixo rodar a pedra, e sentouse enriba dela.
3
Asemellábase a un lóstrego, e o seu vestido era branco coma a neve.
4
E por medo a el, os gardas tremeron e ficaron coma mortos.
5
E o anxo comenzou a falar e dixolles ás mulleres: non teñades medo, porque sei que procurades a Xesús, o que foi crucificado.
6
Non está aquí, senon que resucitou tal como volo tiña dito. Vinde e vede o lugar onde o puxeron.
7
Ide axiña a decirlle aos seus discípulos que resucitou dentre os mortos, e vai diante de vos a Galilea, alí habédelo de ver, Ven os avisei!
8
E elas, saíndo do sepulcro con temor e grande ledicia, correron para dala nova aos seus discípulos. E
9
nesta, Xesús saiulles ao encontro dicindo: Paz a vos! E elas achegándose postráronse diante del abrazando os seus pes.
10
Xesús díxolles: non teñades medo. Ide e dicide aos meus irmáns que marchen para Galilea, e alí me verán.
11
Mentres elas ían, algúns da guarda foran á cidade e anunciaron aos suimos sacerdotes todo canto acontecera.
12
Eles, despois de xuntarse e tomar consello cos anciáns, acordaron darlles moitas pezas de prata aos soldados,
13
encargándolles: Vos dicide: Viñeron seus discípulos de noite e roubaron o corpo mentres durmíamos.
14
E se iso chega aos ouvidos do pocurador, nos converncerémolo para que non teñades problemas.
15
Eles entón, collendo as pezas de prata, fixeron tal e como lles mandaran. E ese dito divulgouse entre os xudeos ata o día de hoxe.
16
Mais os once discípulos foron para Galilea, ao monte onde Xesús lles indicara. E
17
vendoo, adorárono; ainda que alguns dubidaban,.
18
Enton Xesús achegándose faloulles dicindo: Foime entregada toda a autoridade no ceo e mais na terra,
19
Ide pois e facede discípulos a todos os pobos, baitizándoos no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo.
20
Ensiándolles a gardar todo canto eu vos mandei. E asegúrovos que Eu estou convosco todos os días, ata a fin do mundo.