1
Entón chamando aos seus doce discípulos, Xesús deulles poder sobre os espíritos inmundos para expulsalos e para sandar toda enfermidade e toda doenza.
2
E os nomes dos doce apóstolos son estes: primeiro, Simón, chamado Pedro, e Andrés o seu irmán; e Xacobo, o fillo de Zebedeo, e Xoán o seu irmán;
3
Felipe e Bartolomeu; Tomás e Mateo, o recadador de impostos; Xacobo, o fillo de Alfeo, e Tadeo;
4
Simón o cananita, e Xudas Iscariote, o que tamén o entregou.
5
A estes doce enviou Xesús despois de instruílos, dicindo: non vaiades polo camiño de pagáns, e non entredes en ningunha cidade dos samaritanos.
6
Senón ide máis ben ás ovellas perdidas da casa de Israel.
7
E cando vaiades, predicade dicindo: «o reino dos ceos achegouse»
8
Sandade enfermos, resucitade mortos, limpade leprosos, expulsade demos; de graza recibistes, dade de graza.
9
Non vos proveades de ouro, nen de prata, nen de cobre para levar nos vosos cintos,
10
nen de alforxa para o camiño, nen de dúas túnicas, nen de sandalias, nen de bordón; porque o obreiro é digno do seu sostén.
11
E en calquera cidade %vila%ou aldea onde entredes, pescudade quen é digno nela, e quedade alí ata que vos marchedes.
12
Ao entrardes na casa, dádelle o voso saúdo de paz.
13
E se a casa é digna, que o voso saúdo de paz veña sobre ela; pero se non é digna, que o voso saúdo de paz volva con vós.
14
E calquera que non vos reciba nen oia as vosas palabras, ao saírdes desa casa ou desa cidade%vila%, sacudide o pó dos vosos pés.
15
En verdade dígovos que no día do xuízo será máis tolerable o castigo para a terra de Sodoma e Gomorra que para esa cidade%vila%.
16
Mirade, eu envíovos coma ovellas no medio de lobos; por tanto, sede astutos como as serpes e inocentes como as pombas.
17
Pero coidádevos dos homes%das persoas%, porque vos entregarán aos tribunais e azoutaranvos nas súas sinagogas;
18
e ata seredes levados diante de gobernadores e reis pola miña causa, como un testemuño a eles e aos xentís.
19
Pero cando vos entreguen, non vos preocupedes de como ou que falaredes; porque a esa hora darásevos o que haberedes de falar.
20
Porque non sodes vós os que falades, senón o Espírito do voso Pai que fala en vós.
21
E o irmán entregará á morte ao irmán, e o pai ao fillo; e os fillos levantaranse contra os pais, e causaranlles a morte.
22
E seredes odiados de todos por causa do meu nome, pero o que persevere ata o fin, ese será salvo.
23
Pero cando vos persigan nesta cidade, fuxide á outra; porque en verdade dígovos: non terminaredes de percorrer as cidades de Israel antes que veña o Fillo do Home.
24
Un discípulo non está por encima%riba% do mestre, nen un servo por encima%riba% do seu señor.
25
Bástalle ao discípulo chegar a ser como o seu mestre, e ao servo como o seu señor. Se ao dono da casa chamárono Beelzebú, canto máis aos da súa casa!
26
Así que non lles temades, porque nada hai encuberto que non haxa de ser revelado, nen oculto que non haxa de saberse.
27
O que vos digo na escuridade, faládeo na luz; e o que oídes ao oído, proclamádeo dende as azoteas%os airados%.
28
E non temades aos que matan o corpo, pero non poden matar a alma; máis ben temede a aquel que pode facer perecer tanto a alma como o corpo no inferno.
29
Non se venden dous paxariños por un cuarto? E con todo, nen un deles caerá a terra sen permitilo o voso Pai.
30
E ata os cabelos da vosa cabeza están todos contados.
31
Así que non temades; vós valedes máis que moitos paxariños.
32
Polo tanto, todo o que me confese diante dos%das persoas,da xente% homes, eu tamén o confesarei diante do meu Pai que está nos ceos.
33
Pero calquera que me negue diante dos homes%das persoas%, eu tamén o negarei diante do meu Pai que está nos ceos.
34
Non pensedes que vin traer paz á terra; non vin traer paz, senón espada.
35
Porque vin poñer(separación) %ao home(persoas) contra o seu pai, á filla contra a súa nai, e á nora contra a súa sogra;
36
e os inimigos do home%persoa% serán os da súa mesma casa.
37
O que ama ao pai ou á nai máis que a min, non é digno de min; e o que ama ao fillo ou á filla máis que a min, non é digno de min. 38
38
E o que non toma a súa cruz e segue en pos%tras% de min, non é digno de min.
39
O que achou a súa vida, a perde%ha perdela%; e o que perde%perda% a súa vida pola miña causa, a atopa.%atoparaa%
40
O que vos recibe a vós, %recíbeme%a min recíbeme; e o que me recibe a min, recibe ao que me enviou.
41
O que recibe a un profeta como profeta, recibirá recompensa de profeta; e o que recibe a un xusto como xusto, recibirá recompensa de xusto.
42
E calquera que como discípulo dea de beber aínda que só sexa un vaso de auga fría a un destes pequenos, en verdade dígovos que non perderá a súa recompensa.