1
Meus irmáns, na vosa fe no noso glorioso Señor Xesús Cristo, non teñades favoritismos.
2
Porque se na vosa congregación entra un home cun anel de ouro e vestido con roupa luxosa, e tamén entra un home pobre con roupa sucia,
3
e pos atención especial ao que leva roupa luxosa e dis: Ti senta aquí, nun lugar cómodo; mais ao pobre, dislle: Ti, quedate alí de pé ou senta xunto ao meus pes";
4
Non estades a facer distincións entre vos mesmos, e convertedesvos en xuíces con malas intencións?
5
Escoitade meus irmáns, non escolleu Deus aos pobres do mundo para ser ricos na fe e para heredar o reino que el prometeu a aqueles que o aman?
6
Mais vos menospreciástedes ao pobre! Non son os ricos os que vos oprimen e vos arrastran ao tribunal?
7
Non blasfeman os ricos o bo nome polo que son chamados?
8
Mais se de verdade cumplides coa lei real, de acordo coa escritura: "amarás ao teu próximo coma ti mesmo", ben facedes.
9
Pero se favoreces a certas persoas, cometedes pecado e sodes vistos culpables pola lei dos transgresores.
10
Porque o que obedece toda a lei pero tropeza en tan só un punto, é culpable de rompelos todos.
11
Porque o que dixo: non cometas adulterio, tamén dixo: non mates. Agora ben, se ti non cometes adulterio, pero matas, convírteste en quebrantador da lei.
12
Falade e facede así, coma quenes van ser xulgados mediante unha lei de liberdade.
13
Porque o xuízo será sen misericordia para o que non mostrou misericordia. A misericordia triunfa sobre o xuízo.
14
Meus irmáns, de que sirve se algún di que ten fe pero non ten obras? Pode salvalo esa fe?
15
E se un irmán ou irmá non ten roupa e non teñen o sustento diario,
16
e un de vos lle di: Ide en paz, quentádevos e saciádevos; pero non lle dades o necesario para o seu corpo, de qué sirve?
17
Por iso a fe por sí mesma, se non ten obras, está morta.
18
Mais algún dirá: ti tes fe e eu teño obras. Móstrame a túa fe sen obras, e eu mostrareiche a miña fe polas miñas obras.
19
Ti crees que Deus é un. Fas ben. Tamén os demonios cren e tremen.
20
Ai! que ruín es, estás disposto a admitir, que a fe sen obras é estéril?
21
Non foi xustificado o noso pai Abraham polas obras, cando ofreceu a Isaac, o seu fillo, sobre o altar?
22
Xa ves que a fe actuaba xunto coas súas obras, e como resultado das obras, a fe foi perfecionada.
23
E cumpriuse o que a escritura di: Abraham creu a Deus, e foille contado por xustiza e chamado amigo de Deus.
24
Vedes que unha persoa é xustificado polas obras e non só pola fe.
25
Da misma maneira, non foi xustificada tamén a rameira Rahab polas obras cando recibiu aos mensaxeiros e os enviou por outro camiño?
26
Porque así como o corpo sen o espíritu está morto, así tamén a fe sen obras está morta.