Capítulo 3

1 Meus irmáns, non moitos de vos seredes mestres, xa que recibiredes un maior xuízo. 2 Porque todos temos diferentes tropezos. Se ninguén tropeza nas súas palabras, é un home perfecto que pode controlar o seu corpo enteiro. 3 Nós poñemos freo na boca dos cabalos para que nos obedezan e así poder xirar o seu corpo. 4 E os barcos, a pesar de que son moi grandes e levados por fortes ventos, son dirixidos por un pequeno temón a onde queira guialo o piloto. 5 Do mesmo xeito a lingua é unha pequena parte do corpo que presume de moitas cousas. Mirade como un pequeno lume pode queimar un bosque! 6 A lingua é como o lume, un mundo de pecado posto no medio do noso corpo, deshonrandoo e prendendo lume no camiño da vida, a cal é acendida polo inferno. 7 Porque os animais salvaxes, aves, reptís e animais mariños poden ser domados polas persoas. 8 Pero ningunha persoa pode domar a súa lingua, é un mal incontrolable cheo de veleno mortal. 9 Coa nosa lingua alabamos ao noso Señor e Pai, e con ela tamén maldecimos ás persoas, quenes foron feitas a imaxe de Deus. 10 Coa mesma boca dicimos bendición e maldición. Irmáns, esto non pode ser así. 11 Pode dar á vez unha fonte auga fresca e auga amarga? 12 Meus irmáns, pode nacer dunha figueira aceitunas ou dunha vide figos? Tampouco a fonte de auga salgada pode dar auga doce. 13 Quen é sabio e entendido entre vós? Que mostre a súa boa conduta coas obras feitas con humildade. 14 Se algún ten celos e ambicións no seu corazón non sexades presumidos nin mintades contra a verdade. 15 Esta sabedoría non vén de arriba, é terreal, natural e diabólica. 16 Onde hai celos e ambición hai mala cousa. 17 A sabedoría do alto é primeiro pura, pacífica, amable, tolerante, chea de misericordia, bos froitos, non vacila nin é hipócrita. 18 E o froito da xustiza seméntase en paz para os que fan a paz.