1
Pablo, un apóstolo de Xesús Cristo por vontade de Deus, e Timoteo o noso irmán,
2
aos crentes e fieis irmáns en Cristo que se atopan en Colosas. A graza e a paz de Deus, o noso pai, sexa con vos.
3
Damos grazas a Deus, o Pai do noso Señor Xesús Cristo, e oramos sempre por vós.
4
Nós escoitamos da vosa fe en Xesús Cristo e do amor que tedes para todos aqueles afastados de Deus,
5
a causa da esperanza reservada para vós no ceo. Vós escoitastes acerca disto na palabra verdadeira, o Evanxeo,
6
que chegou a vós. Este Evanxeo está dando froito e crecendo en todo o mundo. Tamén está facendo isto en vós desde o día que o escoitastes e aprendestes sobre a verdadeira graza de Deus.
7
Este é o Evanxeo tal como o aprendestes de Epafras, o noso amado conservo, quen é un fiel servidor de Cristo para o voso beneficio.
8
Epafras falounos do voso amor por Cristo.
9
Por causa deste amor, desde o día que escoitamos acerca disto, non deixamos de orar por vós. Pedimos que sexades cheos do coñecemento da súa vontade, con toda sabedoría e entendemento espiritual.
10
Oramos para que camiñedes de xeito digno para que ao Señor lle compraza, dando froito en toda boa obra e crecendo no coñecemento de Deus.
11
Oramos para que sexades fortalecidos en toda habilidade segundo o poder da súa gloria en toda perseveranza e paciencia.
12
Oramos para que deades grazas a Deus con gozo, quen vos fixo aptos para compartir a herdanza dos crentes en luz.
13
El rescatounos do dominio da escuridade e trasladounos ao reino do seu amado Fillo.
14
No seu Fillo temos a redención, o perdón dos pecados.
15
O Fillo é a imaxe do Deus invisible. El é o primoxénito de toda a creación.
16
pois por el todas as cousas se crearon, as que están nos ceos e as que están na terra, as visibles e as invisibles. Sexan tronos, dominios, gobernos autoridades, todas as cousas foron creadas por el e para el.
17
El mesmo é antes de todas as cousas e nel todas as cousas se sustentan.
18
El é a cabeza do corpo, que é a igrexa. El é o principio e o primoxénito de entre os mortos, para que así teña o primeiro lugar en todas as cousas,
19
porque a Deus lle agradou que toda a súa plenitude habitara no seu Fillo, e a traves do seu Fillo reconciliar todas as cousas consigo mesmo, tendo xa feito a paz mediante o sangue da súa cruz.
20
Deus reconciliou todas as cousas consigo mesmo, sexan as cousas da terra ou as cousas do ceo.
21
Noutrora vós tamén erades alleos para Deus, inimigos seus no modo de pensar e de actuar.
22
Pero agora, el restaurou a paz con vós por medio do seu corpo físico a través da súa morte para presentarvos santos, sen culpa e libres de calquera acusación diante de Deus
23
se continuades estables e firmes na fe, sen afastarvos da esperanza do evanxeo que escoitastes. Este é o evanxeo que foi anunciado a toda persoa creada baixo o ceo, do cal eu, Pablo, me fixen servo.
24
Agora eu énchome de ledicia nos meus sufrimentos por vós, e completo en min mesmo o que falta das aflicións de Cristo polo ben do seu corpo, que é a igrexa.
25
É desta igrexa de quen eu son servo, de acordo coa responsabilidade que Deus me deu para con vós de completar a palabra de Deus.
26
Este é o misterio que estivo escondido durante idades e xeracións, pero que agora se revela a aqueles que cren en El.
27
Deus quixo darlles a coñecer as riquezas da gloria deste misterio a todos os pobos; que Cristo está en vós, a esperanza da súa gloria.
28
Este Deus é a quen nós proclamamos, advertindo e ensinando a toda persoa con toda sabedoría, para que toda persoa se poda presentar chea de madurez en Cristo.
29
Para isto eu traballo e me esforzo segundo as forzas e o poder que recibo del.