1
Xesús, cheo do Espírito Santo, volveu do Xordán, e foi guiado polo espírito no deserto,
2
onde foi tentado por Satanás por corenta días. E non comeu nada nese traxecto e pasados eses días tivo fame.
3
E díxolle Satanás: Se ti es Fillo de Deus, dille a esta pedra que se faga pan.
4
Xesús respondeulle: escrito está: " non só de pan vivirán as persoas ".
57
E levándoo a un lugar alto, Satanás nun intre, amosoulle todos os reinos do mundo.
6
E díxolle Satanás: dareiche toda a autoridade e todo o esplendor destes reinos, porque me foron dados a min primeiro e llelos podo dar a que desexe cando eu queira. Se diante de min fas reverencia e me adoras, todo será teu.
8
Respondendo Xesús dixo: escrito está: ao Señor o teu Deus adorarás, e só a El darás culto ".
9
Pero levouno despois Satanás a Xesusalén, e parouse no canto do templo e díxolle: Se es Fillo de Deus, guídate abaixo desde aquí.
10
Pois foi escrito: " Enviará aos seus anxos para que te protexan ",
11
e: " sobre as súas mans te sosterán, non sexa que o teu pé tropece en pedra ".
12
E respondendo Xesús dixo: foi dito: " non tentarás ao Señor o teu Deus ".
13
Cando Satanás terminou con toda esta tentación, apartouse del ata a seguinte ocasión.
14
Xesús volveu de regreso a Galilea no poder do Espírito, e a súa fama medraba en toda a contorna.
15
E ensinaba nas súas sinagogas, onde era louvado por todos.
16
Chegou a Nazaret, onde se criara, e segundo o costume, entro una sinanoga no día de repouso, e ergueuse a ler.
17
Déronlle o libro do profeta Isaías, e abríndoo, atopou onde estaba escrito:
18
O Espírito do Señor está sobre mín, polo que me consagrou para levar as boas novas aos pobres. A pregoar liberdade aos prisioneiros, e a darlle a vista aos cegos. Para deixar libres aos oprimidos;
19
para pregoar o ano do favor do Señor.
20
Pechando o libro, devolveullo ao axudante e sentou. E todos os alí presentes, non lle quitaban ollo.
21
E comezou a dicirlles: Hoxe tivo o seu cumprimento esta Escritura que escoitastes.
22
E todos falaban ben de El abraiados das palabras de graza que saían da súa boca, e dicían: non é este o filo de Xosé?
23
El díxolles: certamente me soltaredes o refrán: " médico, sánate a ti mesmo "; todo canto oímos que foi feito en Capernaúm, faino aquí tamén na túa terra.
24
E dixo: de certo vos digo, que ningún profeta é ben recibido na súa terra.
25
E de certo vos digo: había moitas viúvas en Israel, nos tempos de Elías, cando o ceo foi pechado por tres anos e medio e escasearon os alimentos en gran maneira en toda a terra;
26
mais non foi enviado Elías a ningunha delas, senón a unha viúva de Sarepta, na terra de Sidón.
27
E había en Israel moitos doentes gafos, nos tempos do preofeta Esliseo; pero ningún deles foi limpo agás Naamán o sirio.
28
E todos os que estaban na sinagoga enchéronse de carraxe ao escoitar estas cousas,
29
e erguéronse, e botárono fóra da vila, e o levaron ao cumio do monte sobre o que estaba edificada a vila, para botalo de cabeza e rematalo.
30
Pero El pasando polo medio deles, foise.
31
E baixou a Capernaúm, vila de Galilea. E ensináballes no día de repouso;
32
e quedaban abraiados da súa ensinanza porque falaba con autoridade.
33
E estaba na sinagoga un home que estaba posuído por un espírito demoníaco inmundo, e berrou en alta voz:
34
Ai! que temos que ver contigo, Xesús de Nazaret? Viñeches para acabar con nós? Eu sei quen es ti: o Santo de Deus.
35
Xesús reprendeuno dicindo: enmudece e sal del! E o demoño tirou co home no chan no medio deles, e saiu del sin facerlle mal algún.
36
E todos quedaron pasmados, e discutían entre eles dicindo: Que foi esto que dixo que con autoridade e poder dalles ordes aos espíritos inmundos e saen?
37
E a súa fama difundíase por toda a contorna.
38
Erguéndose, saiu da sinagoga, e entrou na casa de Simón. A sogra deste estaba padecendo unhas febres moi altas, e rogáronlle por ela.
39
E inclinándose sobre ela, reprendeu a febre, e a febre remitiu. Deseguida ela ergueuse e servíalles.
40
Ao poñerse o sol, todos os que tiñan doentes por diferentes causas, levábanllelos, e poñendo El as mans sobre cada un deles, curábaos.
41
Tamén saían demoños de moitos, berrando e dicindo: Ti es o Fillo de Deus! Pero reprendéndoos, prohibiulles falar, porque sabían que El era o Cristo.
42
Cando amenceu, saiu e foi a unha zona deserta, e o xentío andaba na súa procura, e chegaron onde El estaba e retivérono para que non se afastara deles.
43
Pero El díxolles: Tamén debo ir ás outras vilas e pregoar as boas novas do reino de Deus, porque para isto fun enviado.
44
E predicaba nas sinagogas de Xudea.