1
Gálatas insensatos! Quen vos enfeitizou? Aos vosos ollos, Xesús Cristo foi prensentado claramente como crucificado.
2
Isto é o que quero saber de vós, foivos dado o Espírito pola lei ou por crer no que escoitastes ?
3
Sodes tan parvos, que unha vez que empezastes polo Espírito, ides rematar pola carne?
4
Sufristes tanto por nada, si é que foi por nada!
5
Aquel que vos da o Espírito e fai milagres entre vós, fáinos polas obras da lei ou por escoitar con fe?
6
Abraham creu en Deus e por iso el considerouno como xusto; así mesmo os que recibiron esta fe son fillos de Abraham.
7
Como lle foron predicadas as boas novas a Abraham a través das escrituras,
8
anticipando así que Deus xustificaría aos xentiles nas verbas: "En ti serán benditas todas as nacións".
9
Os que son da fe participan desta bendición xunto con Abraham, o home da fe.
10
Todos os que confían nas obras da lei, atópanse baixo a maldición: "É maldito todo o que non cumpre todas as cousas escritas no libro da lei, para facelas todas".
11
Agora está claro que ninguén pode ser xustificado pola lei diante de Deus porque: "O xusto terá vida pola fe".
12
Pero a lei non é da fe, senón ao contrario: a persoa que fai as obras da lei terá que ter coidado de vivir cumpríndoas todas".
13
Cristo rescatounos de ser malditos pola lei facéndose maldito por nós, como está escrito: "Maldito todo o que está colgado sobre un madeiro",
14
para que así en Cristo Xesús, chegase aos xentiles a bendición de Abraham, e para que nós recibísemos a promesa do Espirito por medio da fe.
15
Irmáns, permitídeme falarvos en termos humáns: cando se fai un trato entre persoas, ninguén pode engadir ou invalidar as condicións unha vez que é ratificado.
16
Entón, a promesa foi feita a Abraham e á súa descendencia, non descendencias; sendo a descendencia Cristo mesmo.
17
O que quero dicir é que sendo que a lei chegou 430 anos máis tarde, non invalida o pacto feito por Deus.
18
Si a herdanza ven pola lei entón xa non ven pola promesa. Pero Deus achegoulla a Abraham por medio da promesa.
19
Para que foi dada a lei? foi engadida por mor das infraccións, ata que viñera a descendencia prometida, a que foi pregoada por anxos da man dun mediador,
20
e o mediador non é só de un, pero Deus é un só.
21
E pois a lei contraria ás promesas de Deus? De ningún xeito. Si por unha lei puidésemos recibir a vida, a xustiza tería chegado a nós pola lei.
22
Mais a escritura pechou todo baixo pecado, para que a promesa que é pola fe en Xesús Cristo fose dada a todos os que cren.
23
Agora, antes de que chegara a fe, estabamos presos sometidos á lei, confinados ata que a fe fose revelada.
24
A lei convertiuse no noso titor ata que veu Cristo, para que puidésemos ser xustificados pola fe.
25
Pero agora que veu a fe, xa non estamos baixo titoría.
26
Porque todos somos fillos de Deus por medio da fe en Cristo Xesús.
27
Así que todos os que fostes bautizados en Cristo, sodes revestidos de Cristo.
28
Non hai xudeos nin gregos, non hai escravos nin libres, non hai home nin muller, porque todos somos un en Cristo Xesús.
29
Si sodes de Cristo, sodes descendentes de Abraham e herdeiros segundo a promesa.