1
Pablo, apóstolo, non de homes nin pola man dos homes senón por medio de Xesús Cristo e Deus o Pai, quen o resucitou dos mortos,
2
e todos os irmáns que están comigo, ás igrexas de Galacia
3
A gracia e a paz de Deus noso Pai e Señor Xesús Cristo sexa con vos,
4
Quen se deu a Si mesmo polos nosos pecados, segundo a vontade do noso Deus e Pai para poder salvarnos de estes malos tempos nos que vivimos,
5
a El sexa a gloria por sempre. Amén.
6
Abráiame que abandoarades tan pronto ao que vos chamou pola graza de Cristo, para seguir un evanxeo diferente.
7
Isto non quer dicir que hai outro evanxeo, senón que hai algúns que vos andan a quentar a cabeza e queren alterar o evanxeo de Cristo
8
Pero si mesmo nos, ou un anxo baixado do ceo, vos anunciase un evanxeo contrario ao que vos temos anunciado, sexa maldito.
9
Como dixemos antes, e tamén repito agora: Si algún vos anuncia un evanxeo contrario ao que recibistes, sexa maldito.
10
Porque, busco quedar ben cos homes ou con Deus? Ou fago o esforzo de agradar aos homes? Se estivese tratando de compracer aos homes, non sería servo de Cristo.
11
Porque quero que saibades, irmáns, que o evanxeo que anunciei non é evanxeo de home.
12
Xa que eu non o recibín de ningún home, nin mo ensinaron. Polo contrario, foime revelado por Xesús Cristo.
13
Porque vós escoitastes da miña antiga maneira de vivir no xudaismo, como dera en perseguir a igrexa de Deus sen misericordia, tratando de destrui-la,
14
e como eu avantaxaba a moitos dos da miña edade e do meu propio povo, amosando moito mais celo polas tradicións dos meus devanceiros.
15
Pero cando Deus, que me escolleu desde o seo da miña nai e me chamou pola sua graza,
16
tivo a ben revelar ao seu Fillo en min para que predicase aos xentiles, non pedín consello de seguida á ningunha persoa,
17
nin subín a Xerusalen onda os apostoles que me precederon, senón que fun a Arabia, e despois volvín a Damasco.
18
Despois de tres anos, subín a Xerusalén para coñecer a Pedro, e quedei con el quince días.
19
Pero non vin a ningún máis dos apóstolos, agás Xacobe, o irmán do Señor.
20
( Asegúrovos que non minto no que vos escribo)
21
Despois fun as rexións de Siria e Cilicia.
22
Mais aínda non me coñecían en persoa nas igrexas de Xudea que están en Cristo,
23
senón que só escoitaran dicir: o que noutro tempo nos perseguía, agora predica a fe que nun tempo quería destruir.
24
E glorificaban a Deus por causa min.