1 Entón Paulo, fitando ao concilio, dixo: Irmáns, ata este día vivín coa conciencia limpa diante de Deus. 2 O sumo sacerdote Ananías mandou aos que estaba junta el, que lle batesen na boca. 3 Entón Paulo lle dixo: Deus hache golpear a ti, parede branqueada! Sentas para xulgarme conforme á lei e violas a lei ordeando que me peguen? 4 Os que estaban observando, dixeron: "Inxurias ao sumo sacerdote de Deus?". 5 E Paulo dixo: "Irmáns, non sabía que el era o sumo sacerdote; porque está escrito: "Non falaras mal das autordades do teu povo" 6 Entón Paulo, dandose de conta de que uns eran saduceos e outros fariseos, levantou a voz no Concilio: "Irmáns, eu son fariseo, fillo de fariseos. Xúlgaseme pola nosa esperanza na resurección dos mortos". 7 Cando dixo isto, comezou unha disputa entre os fariseos e os saduceos, e se dividiu a asablea. 8 Porque os saduceos din que non resurección nen anxo nen espíritu, pero os fariseo cren en todo isto. 9 Entón se fixo un grande boureo. E se ergueron alguns dos escribas do grupo dos fariseos, discutindo con enerxia, dicindo: "Non encontramos nada mao neste home, mais, e si é certo que un espírito ou un anxo lle falou?". 10 Entón o xefe da garda tivo medo de que esnaquizasen a Paulo e ordeou que as tropas baixasen para quitálo á forza de en medio deles e o levasen ao cuartel. 11 Á noite seguinte o Señor se lle apareceu a Pablo e dixo: "Ten ánimo, porque como diches testemuña da miña causa en Xerusalén, asi tamén testificarás en Roma" 12 Cando se fixo de día, os xudeos argallaron unha conspiración e se comprometeron cun xuramento dicindo que non comerían nen beberían ata que matasen a Paulo. 13 Os que tramaron este plan eran mais de coarenta homes 14 foron aos principais sacerdotes e aos ancians e dixeron: "Comprometímonos baixo xuramento a non probar nada ata que teñamos matado a Paulo. 15 Agora, vós e o concilio, avisade ao xefe da garda para que o traian diante de vós, coma se quixerades inversigar polo miudo para resolver o caso. Nós, do noso lado, estaremos listos para matálo antes de que chegue." 16 Mais o fillo da irmá de Paulo soubo da emboscada e foi e entrou no cuartel e avisou a Paulo. 17 Paulo, chamando a un dos centurións, dixo: Leva a este xoven ao xefe da garda, porque ten algo de que informálo" 18 El entón, collendoo consigo, levouno ao comandante e lle dixo: "Paulo, o preso, me chamou e me pidiu que trouxera a este xoven, xa que ten algo que contar. 19 O xefe da garda, colleuno da man, levouno aparte, lle preguntou: Que é o que me tes que contar? 20 O xoven respondeu: "Os xudeos concordaron en pedirlle que leve a Paulo mañán ante o concilio co pretexto de facer unha investigación máis a fondo sobre el. 21 Mais non lles preste atención, porque mais de cuarenta homes, que se comprometeron con xuramento a non comer nen beber ata que o maten, esperan emboscados. Eles están preparados agardando unha promesa da sua parte". 22 Entón o xefe da garda deuxou marchar ao xoven, recomendándolle: "Non lle digas a ninguén que me informache destas cousas". 23 E chamando aos dous centurións dixo: "Preparade dous centos soldados para as nove da noite, con setenta homes de a cabalo e dous centos lanceiros, para que vaian a Cesarea. 24 Debían preparar tamén cabalgaduras para Paulo e leválo a salvo ao governador Felix. 25 Tamén o xefe da garda escribiu unha carta nestes termos: 26 "Claudio Lisias, ao excelentísimo gobernador Félix: Salve. 27 Cando este home foi arrestado polos xudeos, e estaba a punto de ser asasinado por eles, ao saber que era romano, fun coas tropas e o rescatei 28 Querendo saber a causa pola que o acusaban, leveino ao seu concilio 29 e encontrei que o acusaban sobre cuestións da sua lei, pero de ningun cargo que merecera a morte ou o cárcere. 30 Cando se me informou de que había un plan en contra deste home, envieicho de seguida, informando tamén aos seus acusadores de que presenten os cargos contra el diante de ti" 31 Así que os soldados, seguindo as ordes que tiñan, colleron a Paulo e o levaron de noite a Antípatris. 32 Ao día seguinte volveron ao cuartel deixando que os de a cabalo seguisen con el, 33 que, despois de chegar a Cesarea e de lle entregar a carta ao gobernador, lle presentaron a Paulo. 34 Cando o gobernador leu a carta, preguntou de que provincia era Paulo. E ao se decatar de que era de Cilicia, 35 dixo: "Oireite cando estean presentes os teus acusadores". E mandou que o gardasen no Pretorio de Herodes.