1
Por tanto, xustificados pola fe, temos paz con Deus por medio do noso Señor Xesuscristo,
2
por medio de quen tamén obtivemos entrada pola fe a esta graza na que estamos firmes, e gloriámonos na esperanza da gloria de Deus.
3
E non só isto, senón que tamén gloriámonos nas tribulacións, sabendo que a tribulación produce paciencia,
4
e a paciencia, carácter probado; e o carácter probado, esperanza;
5
e a esperanza non desilusiona, porque o amor de Deus foi derramado nos nosos corazóns por medio do Espírito Santo que nos foi dado.
6
Porque mentras ainda éramos débiles, cumprido o tempo, Cristo morreu polos impíos.
7
Porque caro lle costaría a alguén morrer por un xusto, ainda que quizáis alguén morrería polo bon
8
Pero Deus demostra seu amor para con nós en que sendo ainda pecadores, Cristo morreu por nós.
9
Entón moito máis, habendo sido agora xustificados polo seu sangue, seremos salvos da ira de Deus por medio del.
10
Porque se cando éramos inimigos, fomos reconciliados con Deus pola morte do seu Fillo, moito máis, habendo sido reconciliados na súa vida.
11
E non só isto, senón que tamén gloriámonos en Deus, por medio do noso Señor Xesuscristo, por quen agora recibimos a reconciliación.
12
Por tanto, como o pecado entrou no mundo por un home, e a morte polo pecado, así tamén a morte extendeuse a todos os homes, porque todos pecaron;
13
pois antes da lei había pecado no mundo, pero o pecado non se conta cando non hai lei.
14
Porén, a morte reinou desde Adan até Moisés, ainda aos que non pecaran cunha transgresión semellante á de Adán, que é figura do que había vir.
15
Mais non acontece co don como coa transgresión. Porque se pola transgresión dun, morreron moitos, moito máis, a graza de Deus e o don pola graza dun home, Xesuscristo, abundaron para moitos.
16
Tampouco acontece co don como co que veu por medio daquel que pecou; porque certamente o xuizo veu a causa dunha transgresión, resultando en condenación; pero a dádiva veu a causa das moitas transgresións resultando en xustificación.
17
Porque se pola transgresión dun, por este reinou a morte, moito máis reinarán en vida por medio de un, Xesuscristo, os que reciben a abundacia da graza e do don da xustiza.
18
Así pois, tal como por unha transgresión resultou a condenación de todas as persoas, así tamén por un acto de xustiza resultou a xustificación de vida para todas as persoas.
19
Porque así como pola desobediencia dunha persoa, moitos foron constituídos pecadores, así tamén pola obediencia dun moitos será constituídos xustos.
20
E a lei introduciuse para que abondara a transgresión, porque onde o pecado abundou , superabundou a graza,
21
para que así como o pecado reinou na morte, así tamén a graza reine por medio da xustiza para vida eterna, mediante Xesuscristo, noso Señor.