Filipenses 4

1 Así que, meus irmáns, amados e arelados, gozo e a miña coroa, estade así firmes no Señor, amados. 2 Prego a Evodia e a Síntique que vivan en armonía no Señor. 3 Tamén che rogo a ti, fiel compañeiro, que axudes a estas mulleres que compartiron as miñas loitas por mor do evanxeo, xunta Clemente e os demais colaboradores meus, dos que os nomes están no libro da vida. 4 Alegrádevos no Señor sempre. Repítovolo: Alegrádevos! 5 Que todas as persoas coñeza a vosa bontade. O Señor está próximo. 6 Por nada esteades afanosos; mais ben, dade a coñecer as vosas peticións diante de Deus mediante oración e súplica con acción de grazas en todo. 7 E a paz de Deus, que supera todo entendimento, gardará os vosos corazóns e as vosas mentes en Cristo Xesús. 8 Polo de pronto, irmáns, todo o que é verdadeiro, todo o íntegro, todo o xusto, todo o puro, todo o honesto, se hai algunha virtude ou algo que merece gabanza, nisto meditade. 9 Practicade o que aprendistes e recibistes e ouvistes e vistes en min, e o Deus de paz estará con vós. 10 Moito me alegei no Señor de que por fin xurdise o voso interese por min, xa vos preocupadevos antes, mais vos faltaba a oportunidade de o manifestar. 11 Non volo digo porque teña necesidade, xa que aprendín a contentarme con calquera que sexa a miña situación. 12 Sei vivir na pobreza e sei vivir na prosperidade, en todo e por todo aprendín a estar farto e a ter fame, a ter abundancia como a sufrir necesidade. 13 Teño forza para todo por aquel que me fai forte. 14 Con todo, fixestes ben en compartir comigo a miña aflición. 15 E vós mesmos,filipenses, tamén sabedes que ao comezo da predicación do evanxeo, despois que marchei de Macedonia, ningunha igrexa compartiu comigo en cuestión de dar e recibir, senon só vós; 16 porque ainda enviastes mais dunha vez dádivas a Tesalónica para as miñas necesidades. 17 Non é que busque a dádiva en si, senon que busco o froito que aumente na vosa conta. 18 Mais recibín todo e teño de todo con fartura; tendo recibido de Epafrodito o que me enviastes, estou fornecido: arescendo agradable, sacrificio aceptable, agradable a Deus. 19 Meu Deus proverá a todas as vosas necesidades, conforme ás súas riquezas en gloria en Cristo Xesús. 20 Gloria sexa ao noso Deus e Pai polos séculos dos séculos. Amén. 21 Saudade a todos os santos en Cristo Xesús. Os irmáns que están conmigo vos sudan. 22 Todos os santos vos saudan, especialmente os da cása de César. 23 A gracia do Señor Xesús Cristo sexa co voso espírito.