1
Que o amor fraterno permaneza.
2
Non esquezades ser hospitaliarios, porque así algúns, sen se decataren, acolleron anxos.
3
Lembrádevos dos que están na cadea, coma presos xuntamente con eles, e dos maltratados, coma estando vós mesmos no corpo deles.
4
Que o matrimonio sexa cheo de honra e o leito matrimonial sen tacha, xa que Deus ha xulgar aos desvergonzados e adúlteros.
5
Que o voso xeito de vivir sexa sen avaricia de cartos, estade satisfeitos co que tedes, porque Él dixo: non te deixarei nin te desampararei %nunca te hei deixar, nen te abandoarei%.
6
De xeito que podemos dicir cheos de bo ánimo: o Señor é o meu acubillo, non terei medo, Que me vai poder facer calquera persoa?
7
Lembrádevos dos que coidan de vós, que vos anunciaron a palabra de Deus; considerade cal foi o resultado da súa conduta e imitade a súa fe.
8
Xesús, o Mesías, é o mesmo, onte, hoxe e polos séculos.%por sempre%
9
Non vos deixedes levar por doutrinas diferentes e alleas, pois mellor é que o corazón sexa fortalecido coa graza, e non con réxime de comidas do que non sacaron proveito ningún aqueles que o cumpriron.
10
Temos un altar do que non teñen dereito a comer os que serven no templo,
11
porque os corpos dos animais, dos que o sangue é levado polo sumo sacerdote ao lugar santísimo coma ofrenda polo pecado, son queimados fora do campamento.
12
Do mesmo xeito, tamén Xesús, para santificar ao pobo polo seu sangue, padeceu fóra da porta.
13
Saiamos, xa que logo, fóra do campamento para atoparnos con Él, levando a súa aldraxe.
14
Porque non temos aquí unha cidade que permanece, senón que procuramos a que está por vir.
15
Ofrezamos decote, por medio de Él, un sacrificio de louvor a Deus, quere dicir, froito dos beizos que declaran o seu nome.
16
E de facer o ben e da axuda uns aos outros, non debedes esquecervos, porque eses son os sacrificios que lle agradan a Deus.
17
Prestade atención a aqueles que vos coidan e sede dóciles, porque eles velan polas vosas almas como quen ha de dar contas; para que o fagan con ledicia e non queixándose; porque isto non sería de proveito para vosoutros.
18
Orade por nós, pois estamos confiados de que temos unha conciencia boa, desexando vivir honradamente en tódalas cousas,
19
E aínda máis rógovos que fagades isto, para que volva a estar convosco canto antes.
20
E o Deus de paz, quen, por mor do sangue do pacto eterno, levantou de entre os mortos ao noso Señor Xesús, o gran Pastor das ovellas,
21
vos perfeccione en todo o bo para que fagades a súa vontade, así fará en nós o que é agradable diante de Él por medio de Xesús o Mesías, a quen sexa a gloria polos séculos %por sempre%, amén.
22
Pídovos irmáns que soportedes esta palabra de conforto que vos escribín dun xeito curto.
23
Sabede que o noso irmán Timoteo foi liberado, ireivos visitar con él, se ven axiña.
24
Saudade a tódolos vosos dirixentes e a tódolos santos. Os da Italia mándavos saúdos.
25
Que a graza vos acompañe a todos vós.