Capítulo 6

1 Fillos, obedecede aos vosos pais no Señor, porque isto é xusto. 2 Honra ao teu pai e á túa nai porque é o primeiro mandamento con promesa, 3 para que te vaia ben, e para que teñas larga vida sobre a terra. 4 E vós pais, non provoquedes a ira aos vosos fillos, senon criadeos na disciplina e na instrucción do Señor 5 Escravos, obedecede aos vosos amos nesta terra, con temor e tremor, con sinceridade de corazón coma a Cristo; 6 non para facervos ver, como queren os que agradan ás persoas, senon como servos de Cristo, facendo a vontade de Deus de corazón. 7 Servide de boa gana, coma ao Señor e non aos homes, 8 sabendo que calquera cousa boa que cada quen faga sexa servo ou libre, esto recibirá do Señor. 9 E vós, amos, facede o mesmo cos vosos servos, deixando as ameazas, sabendo que o Señor deles e de vós está nos ceos e que para el non hai diferencia entre as persoas. 10 Polo demais, fortalecédevos no Señor e no poder da súa forza. 11 Revestídevos coa armadura de Deus para que podan estar firmes contra os enganos do demo 12 Porque a nosa loita non é contra carne nen sangue, senon contra principados, contra potestades, contra poderes deste mundo de tebras, contra forzas espirituais de maldade nas rexións celestiais. 13 Polo tanto, tomade toda a armadura de Deus para que podan resistir no día mao, e despois de ter feito todo, quedade firmes. 14 Estade, logo, firmes, cinguida a cintura coa verdade, revestidos coa coiraza da xustiza, 15 e calzados os pés coa lixeireza para anunciar o evanxeo de paz. 16 Ante todo, collede o escudo da fe co que poderedes apagar todos os dardos de lume do maligno. 17 Collede tamén o casco da salvación e a espada do Espírito que é a palabra de Deus. 18 Orade con toda oración e rogo en todo tempo no Espírito, e tamén, velade con perseveranza e súplica por todos os santos 19 E tamén por min, a fin de que me sexa dada palabra ao abrir a miña boca, para dar a coñecer sen temos o misterio do evanxeo, 20 do que son embaixador en cadeas, para fale como debo falar, sen medo. 21 Mais para que tamén vós saibades da miña situación e do que fago, faravolo saber todo Tíquico, amado irmán e fiel ministro no Señor, 22 a quen xustamente enviei para isto, para que saibades de nós e para que se consolen os vosos corazóns. 23 Paz sexa aos irmáns e amor con fe, de parte de Deus o Pai e do Señor Xesús Cristo. 24 Que a graza sexa con todos os que aman ao noso Señor Xesús Cristo con amor incorruptible