1 Eu, así pois, prisioneiro do Señor, rógovos que vivades dunha do xeito digno da vocación coa que fostes chamados, 2 con toda humildade e mansedume, con paciencia, soportándovos uns a outros en amor, 3 esforzándovos por preservar a unidade do Espírito no vínculo da Paz 4 Hai un só corpo e un só Espírito, así como tamén vós fostes chamados nunha mesma esperanza da vosa vocación; 5 un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6 un só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos 7 Mais se nos concedeu a cada un de nós a gracia conforme á medida do don de Cristo. 8 Por tanto, di: Cando ascendeu ao ceo, levou cautivo un exercito de cautivos e lles deu dons aos homes. 9 (Cal é o significado de "Ascendeu", senon que tamén descendeu as profundidades da terra? 10 O que descendeu é tamén o mesmo que ascendeu moito máis arriba de todos os ceos, para poder cubrilo todo). 11 E El fixo a uns apóstolos, a outros profetas, a outros evanxelistas, a outros pastores e mestres, 12 co fin de capacitar aos santos para a obra do ministerio, para edificación do corpo de Cristo; 13 ata que todos cheguemos á unidade da fe e do coñecemento pleno do Fillo de Deus, á condición dun home maduro, á medida da estatura da plenitude de Cristo; 14 Para que non sexamos nenos pequenos abaneados polas ondas e levados por todo vento de doutrina de aquí para alá, pola astucia dos homes, polas artimañas enganosas do erro, 15 senon que falando a verdade en amor, crezamos en todo naquel que é a cabeza, é dicir, Cristo, 16 de quen todo o corpo (estando ben axustado e xuntado pola unión que proporcionan as coiunturas), conforme ao funcionamento axeitado de cada membro, produce o crecemento do corpo para a súa propria edificación en amor. 17 Dígovos, polo tanto, e recoméndovos no Señor: que xa non andedes así como andan tamén os xentís, na vanidade da súa mente, 18 oscurecidos no seu entendimento, excluidos da vida de Deus por causa da ignorancia que hai neles, pola dureza do seu corazón; 19 e eles, chegando a ser insensibles, entregáronse á conducta libertina para cometer toda clase de impurezas con avidez 20 Mais vós non aprendistes deste xeito de Cristo, se o ouvistes en verdade, 21 e fostes ensinados por El, conforme a verdade que hai en Xesús, 22 en canto á vosa maneira de vivir de antes, desposuídevos do home vello, que se corrompe segundo os desexos enganosos. 23 e sede renovados no espirito da vosa mente, 24 e vestídevos do novo home, o que, na semellanza de Deus, foi criado na xustiza e santidade da verdade 25 Polo tanto, deixando a un lado a mentira, decide a verdade cadaquen ao seu próximo, porque somos membros os uns dos outros. 26 Anoxádevos, mais non cheguedes a pecar; que non chegue voso enfado ao solpor, 27 nen lle deades entrada ao demo. 28 O que rouba, xa non roube, senon que traballe, facendo coas súas mans o que é bo, a fin que teña que compartir co que ten necesidade. 29 Non saia da vosa boca nengunha palabra apondrentada, senon só a que sexa para edificación, segundo a necesidade do momento, para que imparta gracia aos que escoitan. 30 E non entristezades ao Espírito Santo de Deus, polo cal fustes selados para o día da redención 31 Arrancade de vós toda amargura, anoxo, ira, berros, maledicencia, asi como toda malicia. 32 Sede máis ben amables os uns cos outros, misericordiosos, perdoándovos uns a outros, así como tamén Deus vos perdoou en Cristo.