Colosenses 2

1 Pois quero que saibades a loita tan grande que teño por vós e polos que están en Laodicea, e por todos os que non me viron persoalmente. 2 Eu traballo para que os seus corazóns sexan alentados e unidos en amor, e almacenen todas as riquezas que veñen dunha plena seguridade de entendemento, resultando nun verdadeiro coñecemento do misterio de Deus, é dicir, de Cristo; 3 en quen están todos os tesouros da sabedoría e do coñecemento. 4 Isto volo digo para que ninguén vos engane con razoamentos persuasivos. 5 Porque ainda que estou lonxe de vós no corpo, estou con vós en espírito, alegrándome de ver a vosa boa disciplina e a estabilidade da vosa fe en Cristo 6 Asi que, como recibíchedes a Cristo Xesús o Señor, camiñade coma El; 7 firmemente enraizados e edificados nel e confimados na vosa fe, tal e como fuchedes ensinados, revertendo de gratitude. 8 Mirade que ninguén vos cative con filosofías e vas especulacións, segundo a tradición dos homes, conforme aos principios fundamentais dos homes e non segundo Cristo. 9 Porque nel reside corporalmente toda a plenitude da Deidade. 10 E vós estades completos Nel, que é a cabeza sobre todo poder e autoridade; 11 Nel tamén fuchedes circuncidados non cunha circuncisión feita por mans de homes, senon quitando o corpo da carne mediante a circuncisión de Cristo; 12 sepultados con El no bautismo, no que tamén resucitáchedes con El pola fe na acción do poder de Deus , que o resucitou de entre os mortos. 13 E cando estabades mortos nos vosos pecados e na incircincison da vosa carne, deuvos vida xuntamente con El, perdoandonos todos os pecados; 14 anulando o documento de débeda que consistía en preceptos contra nós que nos era en contra. 15 E o quitou do medio, clavándoo na cruz. Despoxando aos governos e autoridades, fixo deles un espectáculo publico, triunfando sobre eles por medio Del. 16 Asi que ninguén vos xulgue polo que comedes ou bebedes, ou polo día de festa, ou pola Lúa nova, ou polo día de Repouso; 17 cousas que só son sombras do que vai vir, pero o corpo pertence a Cristo 18 Que ninguén vos prive do premio na súa falsa humildade e na adoración dos anxos, baseandose en visións que tivo, envanecido pola súa mente carnal, 19 mais non suxeitándose á Cabeza, pola cal todo o corpo, alimentado e unido polas xuntas e tendons, crece cun crecimento que é de Deus. 20 Se morrechedes aos principio do mundo con Cristo; por que, como si ainda vivírades no mundo, vos sometedes aos preceptos como: 21 no toques, non gustes, non apalpes literalmente no orixinal ? 22 (Todas estas cousas se refiren a cousas destinadas a desfacerse co uso), segundo os preceptos e ensinanzas dos homes. 23 Tales cousas teñen de verdade a apariencia de sabedoría nunha relixión humana, na humildade e no maltrato do corpo, mais non teñen valor algún contra os apetitos da carne.