Capítulo 2

1 Cando chegou o día de Pentecoste, estaban todos xuntos no mesmo lugar. 2 De súpeto, veu un ruido do ceo coma o dun refacho de vento forte que encheu a casa onde estaban sentados 3 e se lles apareceron linguas como de lume que, repartindose, pousaron sobre cada un deles. 4 Todos foron cheos do Espirito Santo e comezaron a falar noutras linguas, segundo o Espiritu lles concedía para expresarse 5 Había xudeos que vivían en Xerusalén, homes piadosos , procedentes de todas as nacións da terra. 6 E ao facerse este estrondo, xuntouse unha multitude; e estaban desconcertados porque cada un os ouvía falar na súa propia lingua. 7 Estaban asombrados e maravillados, dicindo: Mirade, non son galileos todos estes que están falando? 8 Como é que cada un de nos os ouve falar na nosa lingua natal? 9 Partos, medos e elamitas, habitantes de Mesopotamia, de Xudea, de Capadocia, do Ponto e de Asia, 10 de Frixia e de Panfilia, de Exipto e das rexións de Libia ao derredor de Cirene, viaxeiros de Roma, 11 tanto xudeos como prosélitos, cretenses e árabes, lles ouvimos falar nos nosos idiomas das maravillas de Deus. 12 Todos estaban asombrados e ademirados, dicindose uns a outros: que quer dicir isto? 13 Mais outros facían burla e dicían: "Están cheos de viño" 14 Entón Pedro, poñendose en pé cos once, levantou a voz e lles dixo: Varóns xudeos e todos os que vivides en Xerusalén, entendede ben e prestade atención as miñas palabras, 15 porque non estamos bébedos como pensades, xa que é só a hora terceira do día nota do trad.: as nove da mañán 16 sinon que isto o dixera o profeta Xoel: 17 E ACONTECERÁ NOS ÚLTIMOS DÍAS - di Deus - QUE DERRAMAREI DO MEU ESPÍRITO SOBRE TODA CARNE; E OS VOSOS FILLO E AS VOSAS FILLAS PROFETIZARÁN, OS VOSOS XOVENS TERÁN VISIÓNS E OS VOSOS ANCIANOS TERÁN SOÑOS; 18 E AINDA DERRAMAREI DO MEU ESPÍRITO SOBRE OS MEUS SERVIDORES E AS MIÑAS SERVIDORAS NESES DÍAS, e profetizarán. 19 E FAREI MARABILLAS ENRIBA NO CEO E SINAIS ENBAIXO NA TERRA: SANGUE, LUME E COLUNA DE FUME. 20 E O SOL SE VOLTARÁ ESCURIDADE E A LÚA EN SANGUE, ANTES DE QUE VEÑA O DÍA GRANDE E GLORIOSO DO SEÑOR. 21 E ACONTECERÁ QUE TODO AQUEL QUE INVOQUE O NOME DO SEÑOR SERÁ SALVO. 22 Israelitas, ecoitade estas palabras: Xesús o Nazareno, home confirmado por Deus entre vos por milagres, prodixios e sinais que Deus fixo en medio de vos por El, tal e como sabedes, a este, 23 entregado polo plan predeterminado e co coñecemento previo de Deus, clavachedes nunha cruz por mans de impio e o matachedes, 24 a quen Deus resucitou, poñendo fin á agonía da morte, xa que non era posible que El quedase preso dela. 25 Porque David di de El: VÍA SEMPRE AO SEÑOR NA MIÑA PRESENCIA; POIS ESTÁ A MIÑA DESTRA PARA QUE EU SEXA CONMOVIDO. 26 POLO CAL O MEU CORAZÓN SE ALEGROU E A MIÑA LINGUA SE ALEGROU; E AINDA ATÉ MIÑA CARNE DESCANSARÁ EN ESPERANZA; 27 POIS TI NON ABANDOARÁS A MIÑA ALMA NO HADES NEN PERMITIRÁ QUE O TEU SANTO VEXA CORRUPCIÓN. 28 FIXÉCHEME COÑECER OS CAMIÑOS DA VIDA; E ME ENCHERÁS DE GOZO COA TUA PRESENZA. 29 Irmáns, pódovos dicir con toda seguridade do patriarca David que morreu e foi sepultado, e o seu sepulcro está entre nos até o día de hoxe. 30 Mais como era profeta , e sabía que DEUS LLE PROMETERA SENTAR a un DOS SEUS ESCENDENTES NO SEU TRONO, 31 miron cara o futuro e falou da resurección de Cristo, que NON FOI ABANDOADO NO HADES, NEN A SÚA CARNE VIU CORRUPCIÓN. 32 Deus resucitou a este Xesús, do cal sodes testemuñas. 33 Así que, exaltado a dereita de Deus, e tendo recibido do Pai a promesa do Espirito Santo, derramou isto que vos vedes e ouvides 34 Porque David non ascendeu aos ceos, pero el mesmo di: DIXO O SEÑOR AO MEU SEÑOR: "SENTA Á MIÑA DEREITA, 35 ATÉ QUE POÑA AOS TEUS INIMIGOS COMA ESTRADO DOS TEUS PÉS". 36 Saiba, entón, con certeza toda a casa de Israel, que Deus fixo Señor e Cristo a este Xesús a quen vos cruficicachedes. 37 Ao escoitaren isto, compunxidos de corazón, dixeronlle a Pedro e aos demais apóstolos: Irmans, que faremos? 38 E Pedro lles dixo: Arrepentídevos e bautizádevos cada un de vós no nome de Xesúscristo para perdón dos vosos pecados, e recibiredes o don do Espítido Santo. 39 Porque a promesa é para vós e para os vosos fillos e para todos os que están lonxe, para tantos coma o Señor o noso Deus chame. 40 E con moitas outras palabras testificaba e os exortaba dicindo: Salvádevos desta xeración malvada. 41 Entón os que recibían a súa palabra foron bautizados e se engadiron naquel día ao redor de tres mil almas. 42 E perseveraban nas ensinanzas dos apóstolos, na comuñón, no partimento do pan e na oración. 43 Apoderouse de todos o temor, porque os apóstolos facían moitos prodixios e sinais. 44 Todos os que creran estaban xuntos e tiñan todas as cousas en común, 45 vendían todas as súas propiedades e os seus bens e os compartían con todos, segundo a necesidade de cada un. 46 Asistían todos os días xuntos ao templo, partindo o pan nas casas, comían xuntos e con humildade de corazón, 47 louvaban a Deus e eran ben vistos polo povo. Cada día o Señor engadía o número dos que ían ser salvos