Capítulo 26

1 E Agripa dixo a Paulo: Permíteseche falar na tua defensa. Entón Paulo extendeu a man e comezou a sua defensa. 2 Considerome afortunado, oh, rei Agripa, de poder presentar a miña defensa ante ti con respecto a todas aquelas cousas das que me acusan os xudeos, 3 sobretodo, porque eres experto en todos os costumes e controversias entre os xudeos; polo cal rógoche que me escoites con paciencia 4 Pois ben, todos os xudeos coñecen a miña vida desde a miña xuventude, que desde o principio foi entre o meu povo e Xerusalén; 5 xa que eles me coñecen desde hai moito tempo, se queren poden testificar de que vivín como fariseo, na secta máis estricta da nosa relixión 6 E agora, xúlgaseme pola esperanza da promesa feita por Deus aos nosos pais: 7 que as nosas doce tribus esperan acadar ao servir fielmente a Deus noite e día. E por esta esperanza, oh rei, os xudeos me acusan. 8 Por que se considera incrible entre vós que Deus resucite aos mortos? 9 Certamente, eu crin que tiña que facer moito mal contra o nome de Xesús de Nazaret. 10 E iso é precisamente o que fixen en Xerusalén, non só pechei no cárcele a moitos santos coa autoridade recibida dos principais sacerdotes; senon que tamén, eu daba o meu voto contra eles cando eran condenados a morte. 11 Castigándoos con frecuencia en todas as sinagogas, procuraba obrigalos a blasfemar; e moi irado contra eles, seguía perseguíndoos ainda nas cidades extranxeiras. 12 Ocupado nestas cousas, cando ía para Damasco coa autoridade e co mandato dis principais sacerdotes, 13 ao medio día, oh rei, indo polo camiño, vin unha luz no ceo que brillaba mais que o sol, que brillaba ao meu derredor e dos que viaxaban conmigo. 14 E cando caímos todos ao chan, escoitei unha voz que me dicía en hebreo: "Saulo, SAulo, por que me persegues? Cousa dura é dar couces contra do aguillón" 15 Entón dixen: Quen eres, Señor? E o Señor dixo: Eu son Xesús, a quen ti persegues. 16 Mais erguete e ponte en pé; porque me aparecin a ti para te chamar como servo e testemuña, non só das cousas que viche, senon tamén daquelas cousas nas que che amosarei; 17 librandote do povo xudeo e dos xentís, ao que te envío, 18 para que lles abras os ollos a fin de que se volvan da escuridade á luz, da dominación de Satanás á Deus, para que reciban, pola fe en min, o perdón dos pecados e a herdanza entre os que foron santificados" 19 Polo que, oh rei Agripa, non fun desobediente á visión celestial; 20 senon que anunciaba, primeiro aos que estaban en Damasco e tamén en Xerusalén e despois por toda a rexión de Xudea e mesmo aos xentís, que debían arrepentirse y volverse a Deus, facendo obras dignas de arrepentimento. 21 Por isto, algúns xudeos me detiveron no templo e tentaron matarme 22 Mais coa axuda de Deus, sigo ata agora testificando tanto a pequenos como a grandes, sen me sair do que dixeron os profetas e Moisés que sucedería: 23 que Cristo tiña que padecer, e que pola sua resureccón de entre os mortos, El tiña que ser ser o primeiro en proclamar a luz aos xudeos como aos xentís 24 Mentres Paulo dicía isto na sua defensa, Festo exclamou: Paulo, estás tolo! O moito coñecemento te está facendo perder á cabeza! 25 Mais Paulo dixo: Non estou tolo, excelentísimo Festo, senon que as miñas palabras son verdadeiras e asisadas. 26 O rei entende estas cousas, e por iso lle falo con confianza, porque estou convencido de que el no ignora nada disto; xa que isto non se fixo as agachadas. 27 Rei Agripa, cres nos profetas?. Eu sei que cres. 28 E Agripa respondeu a Paulo: Dentro de pouco me convencerás para que me faga cristiano. 29 E Paulo dixo: Quixera Deus que, xa fose en moito ou en pouco tempo, non só ti, senon todos os que me escoitan , chegasen a ser tal e como son eu, pero foras cadeas estas. 30 Entón o rei, Berenice e todos os que estaban sentados con eles erguéronse. 31 Mentres se retiraban, falaban entre eles, dicindo: Este home non fixo nada que mereza a morte ou a prisión. E 32 Agripa dixo a Festo: Este home poderia quedar libre, senon tivese apelado ao César