Capítulo 1

1 2 Simón Pedro, servo e apóstolo de Xesús Cristo aos recibiron unha fe como a nosa, mediante a xustiza do noso Deus e Salvador, Xesús Cristo: Graza e paz vos sexan multiplicadas no coñecemento de Deus e de Xesús o noso Señor 3 O seu divino poder nos concedeu todo canto concerne á vida e á piedade, mediante o verdeiro coñecemento daquel que nos chamou a sua gloria e excelencia, 4 por medio das que nos concedeu as preciosas e maravillosas promesas, a fin de que por elas cheguedes a ser partícipes da natureza divina, tendo escapado da corrupción do mundo por causa da concupiscencia. 5 Por esta razón tamén, engadide con dilixencia a vosa fe, virtude, e a virtude, coñecemento; 6 e ao coñecemento, dominio proprio, ao dominio proprio, perseverancia, e á perseverancia, piedade, 7 á piedade, afecto fraternal e ao afecto fraternal, amor. 8 Pois ben, xa que estas cousas están en vós e abundan, non vos deixarán ociosos nin espériles no verdadeiro coñecemento do noso Señor Xesús Cristo. 9 Porque o que carece destas cousas é cego ou curto de vista, xa que esqueceu a purificación dos pecados pasados. 10 Así que, irmáns, sede tanto máis dilixentes para facer firme o voso chamado e elección que se fixo de vós; porque mentres fagades estas cousas nunca tropezaredes; 11 e deste xeito concederasevos ampla entrada no reino eterno do noso Señor e Salvador Xesús Cristo. 12 Por tanto, eu sempre estarei preparado para vos recordar estas cousas, ainda que vós xa as sabedes e fostes confirmdos na verdade que está diante de vós. 13 Mentres estea neste corpo, considero xusto vos alentar recordándovos estas cousas, 14 sabendo que a miña separación do corpo terrenal é inminente, tal e como o declarou o noso Señor Xesús Cristo. 15 Tamén eu tentarei con dilixencia despois da miña morte, que en todo tempo, podades recordar estas cousas. 16 Porque nós non seguimos fábulas enxeñosas inventadas cando vos dimos a coñecer o poder e a venida do noso Señor Xesús Cristo, senon que fomos testigos oculares da sua maxestade. 17 Pois cando El recibiu honor e gloria de Deus Pai, a maxestuosa Gloria lle fixo esta declaración: Este é o meu Fillo amado en que teño contento; 18 e nós mesmo escoitamos esta declaración, feita desde o ceo cando estabamos con El no monte santo 19 Así temos a palabra profética máis segura, a que facedes ben en prestar atención como unha lampada que brilla en lugar escuro, hasta que o dia despunte e o lucero da mañan apareza nos vosos corazóns. 20 Mais antes de nada sebede isto, que ningunha profecía da escritura é cousa de interpretación persoal, 21 xa que ningunha profecia foi dada xamais por un acto de vontade humana, senon de homes inspirados polo Espírito Santo que falaron de parte de Deus.