1
Pedro, apóstolo de Xesús Cristo. Aos exiliados na dispersión do Ponto, Galacia, Capadocia, Asia y Bitinia,
2
escollidos segundo o coñecemento de Deus o Pai, pola obra santificadora do Espírito, para obedecer a Xesús Cristo e ser asperxidos co seu sangue: Que a gracia e a paz vos sexan en abundancia.
3
Bendito sexa o Deus e Pai do noso Señor Xesús Cristo, que segundo a sua grande misericordia nos fixo nacer de novo a unha esperanza viva, pola resurección de entre os mortos,
4
para obter unha herdanza incorruptible, que non murcha, reservada nos ceos para vós,
5
que estades protexidos polo poder de Deus mediante a fe para a salvación que está preparada para ser revelada no tempo final.
6
Alegrade-vos moito nisto, ainda que agora, se é necesario, esteades aflixidos por un pouco de tempo con diferentes probas,
7
para que a vosa fe aumente, máis valiosa que o ouro que ainda que probado con lume perece, sexa achada en louvanza, gloria e honor na revelación de Cristo.
8
Ao que amades sen telo visto, mais credes nel sen telo visto, e vos alegrades moito con gozo inenarrable e glorioso,
9
obtendo como resultado da vosa fe a salvación das vosas almas.
10
Os profetas que falaron sobre esta salvación, da gracia que viria a vós, investigaron e pesquisaron dilixentemente,
11
tentando saber que persoa ou que tempo indicaba o Espirito de Cristo dentro deles, ao predecir os sufrimentos de Cristo e as glorias que seguiran.
12
Revelóuselles que non se servían a si mesmos, senon a vós, nestas cousas que agora vos anunciaron mediante os que pregaron o evanxeo polo Espírito Santo enviado do ceo, cousas que os anxos anelan ver.
13
Así que, cinguide o voso entendimento para a acción; sede sobrios de espírito, poñede completamente a vosa esperanza na gracia que vos traerá a revelación de Xesús Cristo.
14
Como fillos obedientes, non vos conformedes aos desexos que tiñades antes na vosa ignorancia,
15
senon como aquel que vos chamou é santo, tamén vós sede santos en toda a vosa maneira de vivir;
16
porque está escrito: SEDE SANTOS, PORQUE EU SON SANTO.
17
E si chamades Pai a aquel que que xulga imparcialmente as obras de cada un, comportádevos con temor o tempo do voso pergrinar;
18
sabendo que non fostes rescados da vosa va maneira de vivir herdada dos vosos pais, con cousas perecedoiras como o ouro e a prata,
19
senon co sangue precioso, como de un año sen defecto nen tacha, o sangue de Cristo.
20
Porque El xa estaba elixido desde antes da creación do mundo, mais agora se manifestou por amor a vós
21
que por medio del sodes crentes en Deus, que o resucitou dos mortos e lle deu gloria, de xeito que a vosa fe e esperanza estean en Deus
22
Posto que purificáchedes as vosas almas en obediencia á verdade para un amor sinceiro de irmáns, amádevos os uns aos outros entreñablemente, de corazón puro.
23
Pois nacíchedes de novo, non de semente perecedoira, senon de unha que é incorruptible, é dicir, mediante a palabra de Deus que vive e permanece
24
Porque: TODA CARNE É COMO A HERBA, E TODA A SUA GLORIA COMO A FLOR DA HERBA. SECA A HERBA E CAE A FLOR,
25
MAIS A PALABRA DO SEÑOR PERMANECE PARA SEMPRE. E esta é a palabra que vos foi pregada.