1
Había un home de Ramataim de Zofim, da rexión montañosa de Efraín que se chamaba Elcana, fillo de Xeroham, fillo de Eliú, fillo de Tohu, fillo de Zuf o efrateo.
2
Elcana tiña dúas mulleres, unha se chamaba Ana e a outra Penina. Penina tiña dous fillos, pero ana non tiña fillos.
3
Aquel home subía todos os anos da súa cidade para adorar e ofrecer sacrificio ao Señor dos exércitos en Silo, onde era sacerdotes do Señor os dous fillos de Elí, Ofni e Finees.
4
Cando chegaba o día, Elcana en ofrecía sacrificio, e daba a porción a Penina, a súa muller, e a todos os seus fillos e fillas.
5
Mais a Ana lle daba unha doble porción, xa que a amaba, ainda que o Señor non lle dera fillos.
6
A súa rival, Penina, a provocaba amargamente para alporizála, porque Deus non lle dera fillos.
7
Isto sucedía todos os anos, sempre que ela subía á casa do Señor, Penina a provocaba, polo que Ana choraba e non comía.
8
Entón Elcana, o seu home, lle dixo: Ana, por que choras e non comes? Por que está triste o teu corazón? Non son eu mellor para ti que dez fillos?
9
Ana, despois de ter comido e bebido en Silo, ergueuse, e mentres o sacerdote Eli estaba sentado nunha cadeira xunta un poste da porta do templo do Señor,
10
ela, moi agoniada, oraba ao Señor e choraba amargamente.
11
Entón fixo voto e dixo e dixo: Oh, Señor dos exercitos, se te dignas a mirar a tristura da túa serva, recordame e non esquezas a túa serva, e dalle un fillo a túa serva, eu ofrecereillo ao Señor por todos os días da súa vida e nunca pasará navalla pola súa cabeza.
12
Mentres ela continuaba en oración diante do Señor, Elí observaba a súa boca.
13
Mais Ana só falaba no seu corazón, movendo os beizos e sen que se oíse a súa voz. Entón Elí pensou que estaba bébeda.
14
E lle dixo Elí: Ata cando vas estar bébeda? Bota fora ese viño!
15
Mais Ana respondeu: Non, señor, son unha muller aflixida de espírito. Non bebín viño nen licor, senon que desafoguei a miña alma diante do Señor.
16
Non teñas a túa serva por unha muller indecente. Ata agora estaba orando por causa da miña anguria e aflicción.
17
E lle respondeu Elí: Vai en paz e que o Deus de Israel che conceda a petición que lle fixeste.
18
Ela dixo: A túa serva encontrou gracia aos teus ollos! Entón a muller seguiu camiño e comeu e ya non estivo mais triste.