1
Xacobe, servo de Deus e do Señor Xesús Cristo: ás doce tribus dispersas: saúdos.
2
Tede ledicia, meus irmáns ao experimentar todo tipo de problemas,
3
sabendo que a proba da vosa fe produce paciencia,
4
e que a paciencia teña un bo resultado, para que sexades perfectos e completos e non vos falte de nada.
5
Pero si algún de vós precisa sabedoría, pídalla a Deus, o cal a ofrece a todos dabondo e sen reproche, e el a concederá.
6
Pedide con fe e sen dúbida, porque ao dubidar, sodes coma unha onda do mar movida polo vento dun lado a outro.
7
Non pensedes que ides recibir cousa algunha do Señor,
8
sendo persoas de doble ánimo en tódolos camiños.
9
O irmán humilde sexa glorificado en alta posición,
10
mais o rico sexa humillado, porque morrerá como unha flor silvestre.
11
O sol abrasador seca a herba, a súa flor cae, mudando a súa fermosura. Deste xeito, as persoas ricas marchítanse no medio das súas tarefas.
12
Bendita a persoa que resiste a proba, xa que ao superala, obtén a coroa de vida que Deus prometeu a aqueles que o aman.
13
Ninguén pode dicir: "Eu son tentado por Deus", porque Deus non pode ser tentado polo mal, nin tentar.
14
Cada un é tentado polos malos desexos, que o atraen, arrastrándoo fora.
15
Cando a paixón concibe o pecado, éste da a luz á morte.
16
Amados irmáns meus, non vos enganedes.
17
Todo bo agasallo e don perfecto ven dende as alturas, descende do Pai das Luces, co cal non hai nin cambio nin sombra de variación.
18
No exercicio da súa vontade, el fíxonos nacer por palabra verdadeira para que fóramos o inicio das súas criaturas.
19
Isto sabedes meus amados irmáns. Que a persoa é rápida para oír, lenta para falar, lenta para a ira;
20
pois a ira da persoa non obra na xustiza de Deus.
21
Desbotando toda inmundicia e todo resto de malicia, recibide con humildade a palabra, a cal é poderosa para salvar as vosas almas.
22
Obedecede a palabra, non a escoitedes simplemente, enganándovos.
23
Se calquera escoita a palabra e non a cumpre é como unha persoa que analiza o seu rostro nun espello.
24
Ao examinar o seu rostro, marcha, e esquece de como se viu.
25
Pero o que atende a lei perfecta, a lei da liberdade, e permanece nela, cumpríndoa xa que non é un oínte que se olvida, senon que ésta persoa e bendita no que fai.
26
Se algún pensa que é relixioso e non controla a súa lingua, engana ao seu corazón, e a súa relixión permanece valeira.
27
A relixión pura e verdadeira diante do noso Deus e Pai é a seguinte: visitar aos orfos e as viúvas nas súas aflicións, gardándose sen mancha do mundo.