Capítulo 3

1 Lémbralles que se sometan aos gobernantes, que obedezan as autoridades, que están dispostas para toda obra boa; 2 que non falen mal de ninguén, que sexan pacíficos, amables, amosando sempre mansedume con todas as persoas. 3 Porque nos fomos noutro tempo necios, rebeldes, extraviados, escravos de moitas cobizas e praceres, vivindo maliciosamente e con envexa, anoxadizos e odiándonos uns os outros. 4 Pero cando apareceu a bondade de Deus o noso Salvador, xunto co seu amor para todas as persoas, salvounos, 5 non por obras xustas que nos fixemos, senón pola súa misericordia, por medio do lavamento da rexeneración e a renovación do Espírito Santo. 6 que verteu en nos dun xeito abundante por medio de Xesús Cristo, noso Salvador, 7 a fin de que, xustificados pola súa graza, foramos feitos herdeiros da vida eterna, dacordo á esperanza. 8 Esta é a palabra fiel, e desexo que ti insistas dun xeito firmepara que os que creron en Deus procuren ocuparse nas boas obras. Estas cousas son boas e de proveito para todos. 9 Pero fuxe das discusións parvas, xenealoxías, loitas e plémicas sobre a lei, porque son inútiles e valeiras. 10 A quen cause divisións, despois de advertilo unha e outra vez, rexéitao, 11 tendo ben sabido que está pervertido e continúa pecando, sendo condeado polos seus propios feitos. 12 Cando cheguen onda ti Artemas ou Tíquico, date presa por vir a min ata Nicópolis, porque decidín pasar alí o inverno. 13 Axuda con todo o preciso a Zenas o avogado, para que poda viaxar, e a Apolos, para que non lles falta nada a ningún dos dous, 14 E que aprendan os nosos a ocuparse nas boas obas para as necesidades urxentes, a fin de que non vivan sen ter froito, 15 Saúndanche todos os que están comigo. Saúda a todos os que nos aman na fe. A graza sexa convosco.