1
Logo vin un ceo novo e unha terrra nova, porque o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran, e o mar xa non existía.
2
Vin que descía do ceo de onda Deus a cidade santa: unha nova Xerusalén disposta como unha noiva engalanada para o seu esposo.
3
Oín unha voz grande dende o trono que decía: Velaí a tenda de Deus onda os homres, morará con eles e eles serán o seu pobo, e Deus mesmo estará con eles.
4
El enxugará cada unha das bágoas dos seus ollos e xa non haberá mais morte nin pranto nin dor porque as primeiras cousas paxaron xa.
5
O que está sentado no trono dixo: Velaí que fago novas todas as cousas, e engadiu: escrebe: estas palabras son verdadeiras e cheas de fidelidade.
6
Díxome: "Feito está. Eu son o Alfa e o Omega, o Principio e o Fin; a quen teña sede, daréille de balde da fonte da auga de vida".
7
O Vencedor será herdeiro de todo isto,; Eu seréi o seu Deus, e el será o meu fillo.
8
Mais os covardes e incrédulos, os malvados e asasinos, os fornicarios, os bruxos e os idólatras e todos os que viven na mentira terán a súa parte no lago que arde con fogo e xofre, que é a morte segunda.
9
Vin un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas cheas das sete pragas derradeiras, que falou comigo decíndome: Ven, que che vou amosar a noiva, a esposa do Año.
10
Levoume en espírito á cima de un monte alto, e amosoume a cidade santa, Xerusalén, desdendo do ceo, de Deus.
11
que tiña a gloria de Deus, de tal xeito que o seu resplandor era coma a mais preciosa das pedras, unha pedra de xaspe transparente coma o cristal.
12
Tiña un muro alto e grande que ten doce portas, e enriba das portas doce anxos e uns nomes escritos que son as doce tribus dos fillos de Israel.
13
Tres portas polo Nacente tres portas polo Norte, outras tres portas polo Mediodía e tres portas polo Poñente
14
O muro da cidade tiña doce alicerces, e neles os doce nomes dos doce apóstolos do Año.
15
E o que falaba comigo tiña unha medida, unha vara de ouro para medir a cidade, as portas e o muro.
16
A cidade está afirmada nun cadrado: a súa lonxitude e igual que a súa anchura. Mediu a cidade coa vara: doce mil estadios. A súa lonxitude, anchura e altura eran iguais.
17
Mediu tamén o muro, cento corenta e catro codos, medida de homre, aquela que usou o anxo.
18
O material do muro era de xaspe, pero a cidade era de ouro puro semellante ó cristal puro.
19
Os alicerces do muro da cidade tiñan sido adornados con toda pedra preciosa: o primeiro alicerce, xaspe; o segundo zafiro; o terceiro calcedonia; o carto, esmeralda;
20
o quinto, sardónix; o sexto, cornalina; o séptimo, crisólito; o octavo, berilo; o noveno, topacio; o décimo crisopracio; o undécimo, xacinto; o duodécimo, amatista.
21
As doce portas eran doce perlas, cada unha das portas era de una soa perla, e a praza da cidade era de ouro puro, trasparente coma o cristal.
22
E eu non vin nela ningún santuario, porque o Señor Todopoderoso e o Año é o santuario dela.
23
A cidade non precisa de luz do sol nin de lúa que a ilumine, porque a gloria de Deus a ilumina e o Año e a súa Lámpada.
24
As nacións andarán á luz dela e os reis da terra entregaránlle a súa gloria.
25
Endexamais non se pecharán as portas de día, e alí non haberá noite.
26
As nacións levarán alí a súa gloria e o seu honor.
27
Endexamais non entrará nela ningunha cousa inmunda, abominable ou mentirosa, so entrarán aqueles que están inscritos no libro da vida do Año.