1
Escribe ao anxo da igrexa en Éfeso: o que ten as sete estrelas na súa man dereita, o que anda entre os sete candeeiros de ouro, di esto:
2
Sei das túas obras, o teu cansanzo e a túa perseveranza, e que non podes aturar aos malos, e puxeches a proba aos que se chaman apóstolos e non son tal, e topáchelos mentireiros.
3
Tes perseveranza, e aturaches por mor do meu nome e non desfaleceches.
4
Mais teño esto na túa contra: que deixachelo teu primeiro amor.
5
Lembra, pois, de onde foi que caíches e arrepíntete, e fai as obras que fixeches ao principio; se non virei a ti e quitarei o teu candeeiro do seu sitio, a non ser que te arrepintas.
6
Por outra banda tes isto, que aborreces as obras dos nicolaítas, obras que eu tamén aborrezo.
7
O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille a comer da árbore da vida, que está no paraíso de Deus.
8
Escribe ao anxo da igrexa en Esmirna: O primeiro e o derradeiro, o que estivo morto e voltou á vida, di isto:
9
Eu sei do teu padecemento e a túa pobreza (mais es rico), e a blasfemia dos que se din ser xudeus e non son tal, senón sinagoga de Satanás.
10
Non temas o que estás por sufrir. Velaí o diaño botará a algún de vós na cadea para serdes probados, e teredes padecemento por dez días. Sé fiel ata a morte, e Eu dareiche a coroa da vida.
11
O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. O vencedor non sufrirá dano da morte segunda.
12
Escribe ao anxo da igrexa en Pérgamo: O que ten a espada aguda de dous gumes, di isto:
13
Eu sei onde moras, onde está o trono de Satanás. Gardas fielmente o meu nome e non negaches a miña fe, aínda nos días de Antipas, miña testemuña fiel, que foi morto entre vós, onde mora Satanás.
14
Pero teño na túa contra unhas poucas cousas, porque tes aí aos que manteñen a doutrina de Balaam, que ensinaba a Balac a poñer atranco ante os fillos de Israel, a comer cousas sacrificadas aos ídolos e a fornicar.
(inmoralidade sexual, practicar idolatría)15
Mesmo tes tamén algúns que sosteñen a doutrina dos nicolaítas.
16
Polo tanto, arrepíntete; se non, virei a ti axiña e pelexarei contra eles coa espada da miña boca.
17
O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas. Ao vencedor dareille do maná agochado e dareille unha pedriña (lasca) branca, e gravado na pedriña un novo nome, que ninguén coñece senón o que o recibe.
18
Escribe ao anxo da igrexa en Tiatira: o Fillo de Deus, que ten ollos como chamas de lume, e os seus pés son semellantes ao bronce lustrado, di isto:
19
Eu sei das túas obras, o teu amor, a túa fe, o teu servizo e a túa perseveranza, e que as túas recentes obras son maiores que as primeiras.
20
Pero esto na túa contra: que admites a esa muller Xezabel, que se di ser profetisa, e ensina e seduce aos meus servos a que cometan actos inmorais e coman das cousas sacrificadas aos ídolos.
21
Deille tempo para arrepentirse, e non quere arrepentirse da súa inmoralidade.
22
Velaí a boto na cama, e en gran padecemento aos que adulteran con ela, a non ser que se arrepintan das obras dela.
23
E aos seus fillos matarei con mala morte, e todas as igrexas coñecerán que Eu son o que escudriño os riles
(o máis profundo, a mente)24
Pero a vós, aos demáis que están en Tiatira, aos que non teñen esta doutrina, que non ceñeceron as cousas profundas de Satanás, como lles chaman eles, dígovos: non vos impoño outra carga.
25
Así e todo, o que tendes, retédeo ata que eu veña.
26
E ao vencedor, ao que garda as miñas obras ata a fin, dareille autoridade sobre as nacións;
27
e ha pastorear con vara de ferro, coma os vasos do oleiro son feitos anacos, como eu tamén recibín do meu Pai;
28
e dareille a estrela da mañá.
29
O que ten oído, oia o que o Espírito di ás igrexas.