1
Paulo, prisioneiro de Cristo Xesús e mailo irmán Timoteo: a Filemón, querido irmán e colaborador, noso
2
e a irmá Apia, e a Arquipo, o noso compañeiro de milicia. e a igrexa que está na tua casa.
3
Graza e paz a vós, de Deus noso Pai e o do Señor Xesús Cristo.
4
Sempre dou grazas a Deus, o me lembrar de ti nas miñas oracións,
5
e ouvir do teu amor e da fe que tes para o Señor Xesús e para todos os crentes.
6
Oro para que a participación da túa fe sexa eficaz no pleno coñecemento que hai en nos en canto o Mesías,
7
porque tivemos moita ledicia e consolo no teu amor, pois por ti, meu irmán, foron animados os corazóns dos irmáns.
8
Por iso, ainda que teño moita libertade en Cristo para mandarche o que ven o caso,
9
mais ben rógoche con todo agarimo, sendo como son, Paulo, xa un ancián, e agora tamén preso por mor de Xesús Cristo.
10
Rógoche polo meu fillo Onésimo, a quen enxendrei estando na cadea,
11
o cal noutro tempo érache inútil, pero agora énos útil a ti e a min.
12
A éste volvincho a enviar en persoa, é dicir, coma se fose parte de min mesmo
13
Eu quería retelo comigo, para que me servise no teu lugar nas miñas prisións polo evanxeo;