1
Despois de que Xesús naceu en Belén de Xudea nos tempos do rei Herodes, uns homes sabios do oriente chegaron a Xerusalén, preguntando:
2
onde está o %rei dos xudeus que naceu%que naceu Rei dos xudeos? Vimos a súa estrela no Oriente e vimos%viñemos% para o adorar%lo%.
3
Oíndo isto, o rei Herodes turbouse e toda Xerusalén con el.
4
Herodes convocou a tódolos principais (dos) sacerdotes e (os) escribas do pobo para lles preguntar onde había de nacer o Mesías.
5
Eles dixéronlle: en Belén de Xudea, porque así está escrito polo profeta:
6
"ti, Belén de Xudea, de ningún xeito es a menor entre os príncipes de Xudá, porque de ti sairá un gobernante que será o pastor do meu pobo Israel".
7
Entón Herodes, ás agachadas, chamou ós magos, para se informar de cando aparecera a estrela.
8
E enviándoos a Belén, díxolles: "ide, e infomádevos ben sobre o neno, e cando o atopedes, avisádeme axiña para ir eu tamén a adoralo".
9
Despois de oíren ó rei, puxéronse en camiño e a estrela que viron no oriente foinos guiando, ata se deter enriba de onde estaba o neno.
10
Entón, ao veren a estrela, alegráronse con grande ledicia.
11
Entraron na casa e viron ao neno coa súa nai María, e adorárono postrándose diante del; de seguido abriron os seus tesouros e ofrecéronlle ouro, incenso e mirra.
12
Pero sendo advertidos en soños que non volvesen por onda Herodes, regresaron á sua terra por outro camiño.
13
Despois de que eles saíron, (velaí) que un anxo do Señor aparecéuselle a Xosé en soños dicíndolle: "érguete, toma%colle% ao neno e maila súa nai e fuxide para Exipto, e quedádevos alí ata que eu te avise, porque Herodes está na procura do neno para acabar con el.
14
Esa mesma noite, Xosé ergeuse, colleu ao neno e maila nai e foise para Exipto.
15
E alí quedou ata a morte de Herodes, para que se cumprira o que dixera o Señor por medio do profeta: "de Exipto chamei o meu Fillo."
16
Herodes, decatándose de que fora burlado polos homes sabios, enfureceuse dabondo, e botando contas según o que os magos lle dixeran, enviou soldados para matar a tódolos nenos menores de dous anos en Belén e os seus arredores.
17
Daquela cumpriuse o anunciado polo profeta Xeremías, cando dixo:
18
" oíuse yn berro en Ramá, choros e grandes lamentos: Raquel chora polos seus fillos e non quería ser consolada, porque xa non existen".
19
Pero cando Herodes morreu, velaí que un anxo do Señor aparecéuselle en soños a Xosé en Exipto e díxolle:
20
"érguete, colle ó neno e maila súa nai e volve para a terra de Israel, porque aqueles que querían acabar coa vida do rapaz, xa morreron".
21
Ergueuse Xosé, tomou%colleu% ao neno e maila nai e entrou na terra de Israel.
22
Pero ó saber que Arquelao reinaba en Xudea en lugar do seu pai Herodes, tivo medo de ir alí, e sendo avisado por revelación en soños, marchou para a rexión de Galilea.
23
Cando chegou alí, estableceuse nunha vila chamada Nazaret, cumpriuse así o que anunciaran os profetas: "será chamado nazareno."