Capítulo 2

1 O terceiro día houbo un casamento en Caná de Galilea, e a nai de Xesús estaba alí. 2 Xesús e os seus discípulos foron convidados ao casamento 3 Cando o viño acabou, a nai de Xesús díxolle: "Non che teñen viño". 4 Xesús contestoulle: "Muller, qué tes que decirme? Ainda non chegou o meu tempo". 5 A sua nái díxolle aos que servían: "Facede todo o que el vos diga". 6 Había alí seis baldes de pedra, usados para o lavado ceremonial dos xudeos, en cada balde entraban mais de setenta litros. 7 Xesús ordenoulles: "Hai que encher de auga os baldes". Eles enchéronos ata fartar. 8 Entón dóxilles aos que servían: "Sacade un pouco e levádello o mestresala. E eles foron ben mandados. 9 O mestresala probou a auga que se convertida en viño sen saber de onde viña (ainda que os que servian, que tiñan sacado a auga, sí o sabían), falou co noivo 10 e díxolle: "Todo o mundo serve primeiro o bo viño e cando xa beberon dabando, `presenta mais barato. Mais ti gardaches o mellor viño para o final" 11 Este sinal foi o principio de todos os sinais que Xesús fixo en Caná de Galilea manifestando a sua gloria, e creron nel os seus discípulos. 12 Despois disto, Xesús, a sua nai, os seus irmáns e os seus discípulos desceron a Capernaúm e quedáronse alí varios días. 13 Estaba a chegar a Pascua dos xudeos e Xesús subiu a Xerusalén. 14 Atopou no templo os vendedores de bois, ovellas e pombas, xunto os cambistas de diñeiro alí sentados. 15 Fixo un látego con cordas, e botounos a todos do templo coas ovellas e os bois. Desparramou os cartos e volcou as mesas dos cambistas. 16 Díxolles aos que vendían as pombas: "Arredádeme de aqui todo isto. A casa do meu Pai non é un mercado" 17 Lembráronse os seus discípulos do que estaba escrito: "O celo da tua casa estáme a consumir". 18 Entón os xudeos preguntáronlle: "Que sinal podes amosar para dar razón do qiue fas? 19 Respondeulles Xesús: "Derrubade este tempo e erguereino en tres días". 20 Replicáronlle enton as autoridades xudeas: "Levounos carenta e seis anos construir este templo e ti halo erguer en tres dias?" 21 Mais el falaba do templo do seu corpo. 22 De tal xeito que, cando foi resucitado de entre os mortos, os seus discípulos lembraron o que él lles tiña anunciado e creron na Escritura e na palabra que Xesús lles falou. 23 Estando Xesús en Xerusalen, na festa da Pascua, moitos creron nel vendo as milagres que él facía. 24 Mais Xesús non confiaba neles porque os coñecía a todos. 25 Non necesitaba que ninguén lle dixera nada sobre eles, porque coñecía o que había no corazón de todos.