1
No principio existía a Palabra e a Palabra estaba con Deus, e a Palabra era Deus.
2
Aquel que era a Palabra estaba no principio con Deus.
3
Todo foi feito por el, e sn el non se fixo nada do que foi feito.
4
Nel estaba a vida e a vida era a luz das persoas.
5
A luz brila na oscuridade, e a oscuridade non a deu apagado.
6
Houbo un home enviado de Deus que se chamaba Xoán.
7
El veu coma testemuña para testemuñar da luz, para que todos cresen por el.
8
Xoán non era a luz, pero chegou para decir a todos quen é a luz
9
O que é a Palabra era a verdadeira luz que aluma a todas as persoas que veñen a este mundo
10
El estaba no mundo e o mundo foi feito por medio de el pero o mundo non o recoñeceu.
11
Veu aos que eran o seu porpio pobo, pero os seus non o recibiron.
12
Mais a todos os que o recibiron, aos que cren no seu nome deulles o poder de seren fillos de Deus.
13
Estes non naceron de sange nen da sua propia vontade, nen da vontade de outras persoas, senon de Deus.
14
E a Palabra fíxose carne e plantou con nos a sua tenda, e nos vimos a súa gloria, gloria coma de Único que ven do Pai, cheo de graza e de verdade.
15
Xoán da testemuño del proclamando: "Este é de quen eu vos dixen: O que ven despois de min e mais que eu, porque él existía primeiro ca min.
16
Porque da sua plenitude recibimos todos nos graza e mais graza,
17
porque a lei foi dada a través de Moisés; a graza e a verdade viñeron por medio de Xesus Cristo.
18
A Deus ninguén o viu, o Único que vive no seo do Pai, él foi quen nolo revelou.
19
E este é o testemuño de Xoán, cando os xudeos enviaronlle de Xerusalén sacerdotes e levitas para lle preguntar: Quen es ti?
20
El confesou e non negou: "Eu non son o Mesías".
21
Preguntáronlle: Entón quen es ti? Elias? El dixo: "Non son"- Ti es o profeta? Respondeu: "Non".
22
Entón eles dixéronlle: Ti quen es? para que lles poidamos dar unha resposta a aqueles que nos enviaron. Qué nos dis de ti mesmo?
23
El dixo: "En son unha voz que clama no deserto: "Preparade o camiño do Señor", como dixo o profeta Isaías"
24
Os que foron enviados eran fariseos,
25
e preguntaronlle: "Por qué estás a bautizar se non es ti o Cristo, nin Elías nin o profeta?
26
Xoán respondeulles: "Eu bautizo con auga; mais entre vós está un que non coñecedes;
27
o que ven despois de min, a quen eu non son digno de desatar a correa das suas sandalias".
28
Estas cousas aconteceron en Betania ao outro lado do río Xordán, onde Xoán bautizaba.
29
O día seguinte, Xoán viu a Xesús acercándose cara a el e díxo: "Velaí o Año de Deus que quita o pecado do mundo!
30
Este é de quen eu vos dixen: "Despois de min ven un home que é antes que eu, porque exístia primeiro ca min.
31
Eu non o coñecía, mais para iso eu bautizo con auga para que él sexa manifestado a Israel"
32
Xoán deu testemuño decindo: "Eu vin ao Espíritu baixar do ceo coma unha pomba que se pousaba e permanecía sobre el.
33
Eu non o coñecía, pero o que me enviou a bautizar con auga díxome: "Sobre quen vexas o Espírito descer e permanecer sobre él, ése é o que bautiza no Espíritu Santo:
34
Eu vin iso e son a testemuña de que éste é o Fillo de Deus"
35
De novo, no día seguinte, mentres Xoán estaba con dous dos seus discípulos e,
36
vendo a Xesús pasar, dixo: "Velaí o Año de Deus"
37
Cando os dous discípulos escoitaron iso, seguiron a Xesús.
38
Entón Xesús volveuse e vendo que eles o seguían, díxolles: "Qué buscades?" Eles respondéronlles: "Rabí (que quere dicir mestre), Onde moras?
39
El díxolles: "Vinde e ollade". Eles foron logo e viron onde vivía; e quedáronse con el ese día, porque era a hora décima.
contra as catro da tarde para nós40
Un dos discipulos que escoitou a Xoán e de seguido foi con Xesús era Andrés, o irmán de Simón Pedro.
41
O primeiro con quen se atopou foi o seu irmán Simón e díxolle: "Encontramos o Mesías (que se traduce como Cristo).
42
Entón levouno a Xesús. Cando Xesús o viu, díxolle: "Ti es Simón, o fillo de Xoán. Chamaránate Cefas" (que quere dicir Pedro).
43
No día seguinte, cando Xesús saiu para Galilea, atopou s Felipe e díxolle: "Sigueme".
45
Felipe era de Betsaida, a vila de Andrés e de Pedro.
44
Felipe encontrou a Natanael e díxolle: "Atopamos Aquel de quen escribiron na lei Moisés na lei e mais os profetas, a Xesús, o fillo de Xosé de Nazaret"
46
Natanael díxolle: "Poderá algunha cousa boa saír de Nazaret?" Felipe díxolle: "Ven e verás!".
47
Viu Xesús a Natanael aproximándose a ele e dixo: "Ahí tendes a un verdadeiro israelita, en quen non hai engano!"
48
Preguntoulle Natanael: "De que me coñeces?" Xesús díxolle: "Antes de que Felipe te chamara, eu vinte cando estabas debaixo da figueira"
49
Respondeulle Natanael: "Rabí, ti es o Fillo de Deus! Ti es o Rey de Israel!
50
Díxolle Xesús: "Porque che dixen:"Vinte debaixo da figueira, cres? Cousas mais grandes veras!"
51
E díxolles a todos: "Con toda verdade volo aseguro: veredes o ceo aberto e os anxos de Deus subindo e baixando sobre o Fillo do Home"