Capítulo 3

1 Así que si resucitastes con Cristo, buscade as cousas do ceo onde Cristo está sentado á dereita de Deus. 2 Centrádevos nas cousas do ceo, non lle poñades os ollos ás cousas terreais. 3 Vos morrestes, e a vosa vida está oculta con Cristo en Deus. 4 Cando Cristo, a vosa vida, se presente visiblemente, entón vos tamén seredes presentados xunto con él en todo o seu esplendor. 5 Sendo esto así, tede en conta os vosos corpos e facede morrer neles toda a inmoralidade sexual, impureza, paixóns, malos desexos, e a avaricia, que é idolatría. 6 Por estas cousas é que ven a ira de Deus sobre os fillos de desobediencia. 7 Nestas cousas andivestes vós antes cando viviades nelas. 8 Mais agora tedes que desfacervos de todas estas cousas, ira, xenreira, malas intencións, insultos, e verbas obscenas das vosas bocas. 9 Non vos mintades os uns aos outros , xa que vos desfixestes da vosa vella natureza coas súas malas costumes, 10 e vos vestistes da nova natureza que vos vai renovando cara un verdadeiro coñecemento, de acordo á imaxe de Aquel que a creou, 11 onde non hai grego nin xudeo, circuncisión nin incircuncisión, bárbaro, escita, escravo ou libre, senón que Cristo é todo e está en todos. 12 Entón, como escollidos de Deus, santos e amados, vestídevos de compaixón e misericordia, de bondade, humildade, sede mansos e pacientes, 13 aturándovos e perdoándovos os uns aos outros, si algún ten algunha queixa en contra doutro; perdoade como Cristo vos perdoou. 14 E por riba de todo isto, vestídevos de amor, que é o que vos une. 15 E que a paz de Cristo goberne nos vosos corazóns, esa paz pola que fostes chamados nun só corpo, e sede agradecidos. 16 Deixade que a palabra de Cristo viva en vós en abundacia, ensinádevos e amoestádevos con toda sabedoría os uns aos outros con salmos, con himnos e cantigas espirituais, cantando a Deus con acción de grazas nos vosos corazóns. 17 E todo o que fagades, por verbas ou por feitos, facédeo todo no nome do Señor Xesús, dando grazas a Deus o Pai por medio de El. 18 Mulleres, estade suxeitas aos vosos maridos, como convén no Señor. 19 Maridos, amade ás vosas mulleres e non seades brutos con elas. 20 Fillos, obedezan aos seus pais en todo, porque isto é o que lle agrada ao Señor. 21 Pais, non fagan que os seus fillos se anoxen sin ter motivo para que non se desanimen. 22 Servos, obecedede en todo aos vosos señores na terra, non para ser vistos, como os que queren compracer aos demáis, senón con sinceridade de corazón, temendo ao Señor. 23 E todo o que fagades, facédeo de corazón, como para o Señor e non para a as persoas, 24 sabendo que recibiredes a recompensa da herdanza. Vos servides a Cristo Xesús. 25 Porque todo o que fai inxustiza, sufrirá as consecuencias desa inxustiza, sen favoritismos.