Capítulo 1

1 O ancian o benquerido Gaio, a quen de verdade amo. 3 Amado, en todalas cousas desexo que sexas prosperado e teñas saude, do mesmo xeito que a tua alma prospera! 2 Canto me alegrei cando chegaron os irmáns e testemuñaron da tua vida, de como andas na verdade! 4 Non teño ledicia meirande ca esta: saber que os meus fillos andan na verdade. 5 Amado, estaste comportando dun xeito fidel en todo o que fas polos irmáns, e sobre todo por aqueles que son forasteiros; 6 eles mesmos testemuñaron do teu amor. Farás ben en axudalos para que podan viaxar como o noso Deus manda. 7 Pois por mor do Nome, marcharon sen aceptaen nada dos pagans. 8 Somos nos os que debemos sostelos, para sermos colaboradores para que a verdade se espalle por todas partes. 9 Escribin unha carta a igrexa, mais Diótrefes, quen quere ser o primeiro sempre, non nos recoñece. 10 Por iso, se vpu a veros, botareille na cara o que está a facer, falando parvalladas maliciosas de nos, e non satisfeito con iso, non receve os irmans e impide a aqueles que queren facelo expulsándoos da igrexa. 11 Meu amigo, non imites o malo, senon o bo. O que fai o que é bo ven de Deus, o que fai o malo endexamais viu a Deus. 12 Todos testemuñan a favor de Demetrio, tamén a mesma verdade, e nos mesmos falamos ben del, e ti sabes que a nosa testemuña é verdadeira. 13 Ainda teño moitas cousas para che escribir, pero non quero facelo con tinta e pluma; 14 Espero verte axiña e falaremos cara a cara. 15 A paz sexa contigo. Mándanche saúdos os teus amigos. Saúda os meus amigos e non esquezas a ningún.