Capítulo 4

1 Mándoche solemnemente na presenza de Deus e de Xesús o Mesías, que ha xulgar os vivos e os mortos na sua vinda e no seu reino: 2 pregoa a palabra, insiste a tempo e a destempo, corrixe, aconsella e reprende con toda a paciencia e doutrina. 3 Porque chegarán os tempos cando non soportarán a doutrina sana, senón que sintiindo coceira de ouvir, amorearán para si mestres conforme os seus propios caprichos; 4 afastarán o seu ouvido da verdade, e estraviaránse polo terreo das fábulas. 5 Pero tí sé sobrio en todo, soporta os sofrementos, fai obra de evanxeñista, cumple o teu ministerio. 6 Porque eu estou para ser derramado coma libación, e o tempo do meu pasamento é inminente. 7 Combatín una boa loita, rematei a miña carreira e gardei a fe. 8 Polo demais, está reservada para mín a coroa de xustiza, aquela que o Señor Xuiz xusto hame entregar naquel día; e non so a min, senón tamén a todos os que demostraron amar a súa vinda. 9 Procura vir a verme axiña, 10 porque Demas, amando este mundo presente, marchou a Tesalónica e deixoume desamparado, Cresente a Galacia, e Tito a Dalmacia. 11 So Lucas ficou conmigo, Recolle a Marcos e traino contigo, porque me compre moito para o ministerio, 12 pois a Tíquico mandeino a Éfeso. 13 Cando veñas, traeme o capote que deixei onda Carpo en Troas, xunto con os rollos, maiormente os pergamiños. 14 Alexandre, o ourive, fíxome moito mal; o Señor ha-lle dar o pago conforme ás súas obras. 15 Gárdate tí tamén de él, pois en gran maneira opúsose ás nosas palabras. 16 Na miña primeira defensa ninguén estivo ó meu carón, senón que todos me abandoaron; que non lles sexa tido na súa conta! 17 Pero o Señor axudóume e fortalecéume, para que por medio de min fora de sobra pregoada a mensaxe e a ouviran todas as nacións, e fun librado da boca do león. 18 Do mesmo xeito o Señor hame librar de toda obra mala e hame protexer para o seu reino celestial. A Él sexa a gloria polos séculos dos séculos. Amén. 19 Saúda a Prisca e a Aquila, e á familia de Onseíforo. 20 Erasto ficou en Corinto, e Trófimo quedou enfermo en Mileto. 21 Fai o posible para vir antes do inverno. Mándanche saúdos para ti Eubulo, Pudente, Lino e Clauda, ademais de todos os irmáns. O Señor sexa co teu espírito. 22 A graza sexa convosco.