1
Pablo, Silvano e Timoteo, á igrexa dos tesalonicenses en Deus noso Pai e no Señor Xesús, o Mesías:
2
graza e paz a vosoutros, de Deus Pau e do Señor Xesús Cristo.
3
TEmos que lle dar grazas a Deus por vos sempre, porque é xusto, pois a vosa fe vai medrando cada día mais, e o amor que vos tendes uns aos outros segue aumentando,
4
tanto que nos mesmos gabámonos de vos nas igrexas de Deus, pola vosa pacencia e fe no medio de todaas as persecuvións e tribulacións que estades a soportar;
5
Ese é o sinal do xusto xuizo de Deus para que sexades considerados dignos do reino de Deus, polo que tamén estades a padecer.
6
Xa que é xusto diante de Deus pagar con tribulación a aqueles que vos aflixen e a vos,
7
que sodes atrilublados, darvos acougo xunto connosco, cando se revele o Señor Xesús dende o ceo, con os seus poderosos anxos,
8
con labaradas de lume, para lles dar o pago a aqueles que non coñecen a Deus, nin obedecen o evanxeo do noso Señor Xesús.
9
Eles pagarán o castigo da pedición eterna, afastados da presencia do Señor e do seu glorioso poder;
10
cando él veña para ser glorificado polos seus santos, e ser ademiradno naquel día entre todos os que creron (xa que vos crestes o noso testemuño).
11
Por iso, oramos sempre por vos, para que o noso Deus vos considere dignos da chamada e co seu poder faga realidade todo propósito de bondade e a obra da fe;
12
para que o nome do noso Señor Xesús sexa glorificado en vosoutros, e vos nel, conforme a graza do noso Deus e do Señor Xesús, o Mesías.