1
O Ancián á señora elexida e mais os seus fillos, ós que amo en verdade, e non so éu, mais tamén todos os que coñeceron a verdade.
2
A causa da verdade que permanece en nos, e que nos acompaña sempre.
3
Gracia, misericordia e paz de Deus o Pai e de Xesús o Mesías, o Fillo do Pai en verdade e amor, estarán sempre connosco
4
Alégrome moito porque achei que algúns dos teus fillos camiñan na verdade, conforme ó que o Pai nos mandou.
5
Agora, pídoche, señora, non como se estivera a anunciar un mandamento novo, senon aquel que tiñamos dende o principio: que nos amemos uns os outros.
6
O amor consiste nisto: en vivirmos según os seus mandamentos, e o mandamento é que camiñemos con él como esoitamos dende o principio.
7
Agora andan polo mundo moitos enganadores que non confesan a Xesús como o Mesías que veu en carne moral. Velaí o enganador e o anticristo!
8
Mirade por vós mesmos, para que non botedes a perder as cousas polas que traballamos, senon que gañedes a recompensa completa.
9
Toto o que se desvía e non permanece na doutrina do Mesías non ten a Deus consigo. O que permanece no que él ensinou, éste ten o Pai e mailo Fillo.
10
Se algún chega onda vos e non ten esa doutrina, non lle abrades a porta da casa nin lle digades "Benvido";
11
porque aquel que lle di: "Benvido" faise cómplice das cousas malas que fai o tal.
12
Teño moitas cousas, que vos dicir, mais non o farei con papel e tinta, pois estou querendo ir e falarvos cara a cara, para que a vosa ledicia sexa completa.
13
Saúdaonte os fillos da tua irmá, a elexida.