Capítulo 4

1 Polo tanto, tendo nós este ministerio, segundo a misericordia que recibimos, non desmaiamos; 2 senón que renunciamos ás cousas que se fan ás agochadas con vergoña, non encamiñados con astucia, nen adulterando a palabra de Deus, senón que nos recomendamos a toda conciencia humana na presenza de Deus, para expoñer con claridade a verdade. 3 Pero se o noso evanxeo tamén está velado, para os que se perden está velado, 4 nos que o deus deste mundo cegou o entendemento dos incrédulos, para que non lles resplandeza a luz do evanxeo da gloria de Cristo, quen é a imaxe de Deus. 5 Porque non nos predicamos a nós mesmos, senón a Xesús o Cristo como Señor, pero a nós mesmos coma os vosos servos por medio de Xesús. 6 Porque o Deus que dixo: a luz resplandecerá da escuridade, é quen resplandeceu nos nosos corazóns para iluminación do coñecemento da gloria de Deus na face de Cristo. 7 Pero temos este tesouro en vasos de barro, para que a excelencia do poder sexa de Deus e non de noso, que 8 estamos atribulados en todo, mais non angustiados; en apuros, mais non desesperados; 9 perseguidos, mais non desamparados; derrubados, mais non destruídos. 10 Levando sempre no corpo a morte de Xesús por todas partes, para que tamén a vida de Xesús sexa manifestada no noso corpo. 11 Porque nós, os que vivimos, somos entregados á morte constantemente por mor de Xesús, para que tamén a vida de xesús se manifeste no noso corpo mortal. 12 De xeito que a morte opera en nós, pero en vós, a vida. 13 Pero tendo o mesmo espírito de fe, conforme ao que está escrito: crin, polo que tamén falei; tamén nós tamén cremos, e tamén falamos; 14 sabendo que o que resucitou ao Señor Xesús, hanos resucitar a nós con Xesús, e presentaranos xuntamente convosco. 15 Porque tódalas cousas son para o voso ben, para que abundando a graza por medio de moitos, a gratitute sobreabunde para a gloria de Deus. 16 Polo tanto, non desmaiamos, máis ben, mesmo que o noso exterior se vai desgastando, o interior vaise renovando día a día. 17 Porque esta leve tribulación momentánea, produce en nós un cada vez máis excelente e eterno peso de gloria, 18 non poñendo a nosa mira nas cousas que se ven, senón nas que non se ven; porque as que se ven son temporais, pero as que non se ven son eternas.