1
Pero tocante aos tempos e as ocasións, irmáns, non precisades que vos escriba.
2
Porque vos sabedes á perfección que o día do Señor chegará coma o ladrón ploa noite,
3
Cando estén falando: Paz e seguridade! entón, como a dor da que está de parto, virá sobre eles de súpeto destrucciòn, e non fuxirán de xeito nengún.
4
Pero vosoutros, irmáns, non estades nas tebras para que ese día vos sorprenda coma ladrón,
5
porque todos sodes fillos da luz e do día; non somos da noite nin das tebras.
6
Non adormezamos pois, como os demás, senón sexamos vixiantes e sobrios.
7
Porque os que durmen, pola noite durmen, e os que se emborrachan, emborráchanse pola noite.
8
Nos, que somos do día, sexamos sobrios e revistámonos coa coraza da fe e o amor, e co casco da esperanza de salvaciòn,
9
Porque Deus non nos destinou para ira, senón para acada-la salvación por medio do noso Señor Xesús, o Mesías,
10
quen morreu por nós para que, xa sexa que estemos espertos ou dormidos, vivamos xunta Él.
11
Por iso, animádevos uns os outros, e aconselládevos unos os outros coma sempre facedes.
12
Rogámosvos, irmáns, que respetedes aos que traballan entre vos e vos cuidan no Señor e vos ensinan;
13
que os teñades en alto e amoroso aprecio por causa dos seus traballos. Tende paz os uns cos outros.
14
Exhortámosvos tamén a que advirtades aos desordenados, que lle deades azos aos desanimados e sexades unha axuda firme para ós febles, e que teñades pacencia con todos.
15
Mirade que ninguén devolva a outro mal por mal, senón procurade sempre o bo os uns para con os outros, e para con todos.
16
Alegrádevos sempre!
17
Orade constantemente, Dade grazas en todo,
18
porque ésta é a vontade de Deus para vos en Cristo Xesús.
19
Non apaguedes o Espírito.
20
Non despreciedes as profecías,
21
senón examinádeo todo e quedádevos co que é bo.
22
Arredádevos de toda especie de mal.
23
E o mesmo Deus de paz, santificarávos por completo, e que todo o voso ser: espírito, alma e corpo, sexa gardado irreprensible na vinda de Xesús Cristo, o noso Señor.
24
O que vos chama é fiel, así que Él hao facer .
25
Irmáns, orade por nos.
26
Saúdade a todos os irmáns cun bico santo.
27
Pídovos no nome do Señor que esta carta sexa lida a todos os irmáns.
28
A graza do noso Señor Xesús, o Mesías, sexa convosco.