1
Pablo, Silvano e Timoteo, á igrexa dos tesalonicenses en Deus Pai e no Señor Xesús, o Mesías: Graza e paz a vosoutros
23
Damos grazas a Deus sempre por todos vos, facendo memoria de vos nas nosas oracións; lembrando sempre diante do noso Deus e Pai a actividade da vosa fe, o traballo do voso amor e a pacencia na esperanza de Xesús Cristo, noso Señor:
4
sabendo, irmáns amados por Deus, que Él vos escolleu;
5
porque o noso evanxeo non foi a vos so con palabras, senón tamén con poder, e co Espírito Santo, cheo de certeza; como sabedes cómo nos comportamos convosco por amor a vosoutros.
6
E vos chégastes a ser os nosos imitadores, así coma do Señor, tendo recibido a Palabra no medio de moito sofrimento, mais con ledicia do Espírito Santo;
7
de xeito tal que chegastes a ser exemplo para todos os que cren, tando na Macedoia coma en Acaia.
8
Pois, partindo de vos. resoou a palabra do Señor, non so na Macedonia e en Acaia, senón en todo lugar e a vosa fe para con Deus tense espallado de xeito que non precisamos falar cousa algunha.
9
Porque eles mesmos anuncian o que vos sodes e a vosa acollida para conosco, e como vos contertestes dos ídolos a Deus, para servir o Deus vivo e verdadeiro,
10
e para agardar dos ceos ó seu Fillo. a quen resucitou de entre os mortos, a Xesús, aquel que nos libra da ira que vai a vir.