1 De ónde veñen as rifas e as pelexas entre vós? Non será dos malos desexos que están dentro de cadanseu e que pelexan no noso corpo?. 2 Queredes e non tendes. Somos capaces de facer dano e ata matar aos outros por aquelo que non somos capaces e ter. E seguimos a discutir e rabuñar porque non ó obtemos, e vai ser que é porque non llo pedimos a Deus!. 3 Cada un de vós pedides e non recibides ren, porque pedides malas cousas, seica porque pedides para argallar nas vosas lideiras. 4 Máis vós, como os adúlteros! Non sabedes que a amizade có mundo é conflicto con Deus? Deste xeito, calquer que queira ó mundo faise enemigo de Deus. 5 Ou pensades que a Escritura fala de balde cando dí que o Espíritu que Él puso en nós éche ben celoso e ten por nós unha profunda arela? 6 Pero Deus dá aínda máis graza. Polo cal a Escritura dí: "Deus loita contra os que se sinten moi importantes, pero dá máis graza aos que se saben máis necesitados" 7 Así que, achegádevos a Deus, ide en contra do diaño, e el fuxirá de vós. 8 Achegádevos a Deus, e él achegaráse a cada ún de vós. Limpiade as mans e purificade os corazóns os que sodes de dobre ánimo. 9 Aflixídevos, laidádevos, e chorade, que troque a vosa argallada en pranto e o voso sorriso en tristura. 10 En humildade, cada un de vós, ante Deus i él vaivós erguer. 11 Non falade uns contra doutros, irmáns. A persoa que fala contra un crente ou o xulga, fala en contra da lei e mesmo xulga a Lei de Deus. Se ti xulgas a lei, non a estás a obedecer senón que actúas como xuiz dela. 12 E só hai Un que é o que da a lei e é xuiz: Deus, él é o único que é quen de salvar e de condenar. ¿Quén es tí que xulgas ó teu veciño? 13 Imos agora a falarlle aos que din: "Hoxe ou mañán iremos a tal cidade, estaremos alí un ano e negociaremos e faremos moitos cartos" 14 que non sabedes o que mañá será da vosa vida. Pois sodes como una néboa que xurde por un intre e pouco despóis xa desaparece. 15 En vez de decir: "Si o Señor quere, viviremos e faremos esto ou aquilo!" 16 Porque vos gabades dos vosos plans e toda xactancia é pecado 17 Así quen sabe facer o ben e non o fai, nel hai pecado.