1
Polo tanto, non hai agora condenación para os que están en Cristo Xesús, os que non andan segundo carne senón segundo o Espírito.
2
Porque a lei do Espírito de vida en Cristo Xesús libertouche da lei do pecado e da morte.
3
Pois o que a lei non pudo facer xa que que era feble polo motivo da carne, Deus fíxoo enviando ao seu propio Fillo en semellanza de carne de pecado como ofrenda polo pecado, condenou ao pecado na carne,
4
para que a condición da lei se cumprise en nós, que non andamos conforme á carne senón conforme ao Espírito.
5
Porque os que viven segundo a carne poñen a mente nas cousas da carne , pero os que viven segundo o Espírito nas cousas do Espírito.
6
Porque a mente posta na carne é morte, pero a mente posta no Espírito é vida e paz;
7
xa que a mente posta na carne é inimiga de Deus, porque non se suxeita á lei de Deus, pois nin tan sequera pode facelo
8
e os que están na carne non poden compracer a Deus.
9
Vós non estades na carne senón no Espírito, se en verdade o Espírito de Deus habita en vós. Pero se alguén non ten o Espírito de Cristo, o tal non é del.
10
E se Cristo está en vós, aínda que o corpo estea morto por mor do pecado máis o Espírito está vivo por mor da xustiza.
11
Pero se o Espírito daquel que resucitou a Xesús de entre os mortos habita en vós, o mesmo que resucitou a Cristo Xesús de entre os mortos, tamén dará vida aos vosos corpos mortais polo seu Espírito que habita en vós.
12
Así que, irmáns, somos debedores*, non á carne para vivir conforme á carne, porque se vivides segundo á carne,
13
porque se vivides segundo a carne haberedes de morrer; pero se polo Espírito facedes morrer as obras da carne, viviredes.
14
Porque tódolos que son dirixidos polo Espírito de Deus, son fillos de Deus.
15
Pois non recivíchedes un espírito de escravitude para voltar outra vez ao temor senón que recibíchedes un espírito de adopción coma fillos, grazas ao que clamamos: Abba, Padre!
16
O Espírito mesmo da testemuña ao noso espírito de que somos fillos de Deus,
17
e se fillos, tamén herdeiros; herdeiros de Deus e coherdeiros con Cristo, se en verdade padecemos con Él ao fin de que tamén sexamos glorificados con Él.
18
Pois penso que os sufrimentos deste tempo presente non son dignos de ser comparados coa gloria que nos será revelada.
19
Pois a profunda expectación da creación é agardar ansiosamente a revelación dos fillos de Deus.
20
Porque a creación foi suxeita á vanidade, no da súa propia vontade, senón por mor daquel que a someteu na esperanza
21
de que a mesma creación será tamén liberada da escravitude da corrupción á liberdade da gloriados fillos de Deus.
22
Pois sabemos que a creación enteira a unha xeme e sofre dores de parto ata o de agora.
23
E non só ela, senón que tamén nós mesmos, que temos as primicias do Espírito aínda nós mesmos xememos no noso interior, agardando ansiosamente a adopción coma fillos, a redención do noso corpo.
24
Pois en esperanza fomos salvos, pero a esperanza que se ve non é esperanza, pois, por qué esperar o que un ve?
25
Pero se esperamos o que non vemos, con paciencia agardámolo.
26
E do mesmo xeito, tamén o Espírito axúdanos nas nosas debilidades; porque non sabemos orar como deberiamos, pero o Espírito mesmo intercede por nós con xemidos indicibles;
27
e aquel que escudriña os corazóns sabe cal é o sentir do Espírito, porque Él intercede polos santos segundo á bondade de Deus.
28
E sabemos que para os que aman a Deus, tódalas cousas contribúen para ben, isto é para os que son chamados segundo o seu propósito.
29
Porque aos que de antemán coñeceu, tamén os predestinou segundo a imaxe do seu Fillo para que Él sexa o primoxénito entre moitos irmáns;
30
e aos que predestinou, a eses tamén xustificou; e aos que xustificou, a estes tamén glorificou.
31
Entón, qué dicimos a esto? Se Deus está por nós, quén estará contra nós?
32
O que non eximiu nin ao seu propio fillo, senón que o entregou por todos nós, como non nos concederá tamén con Él tódalas cousas?
33
Quen acusará aos escollidos de Deus? Deus é o que xustifica.
34
Quen é o que condena? Cristo Xesús é o que morreu, si, máis aínda, o que resucitou, o que ademais esta á destra de Deus, o que tamén intercede por nós.
35
Quen nos arredará do amor de Cristo? a tribulación, a angustia, a persecución, a fame, a nudez, o perigo, ou espada?
36
Tal e como está escrito: "Por causa túa estamos ás portas da morte todo o día; somos considerados como ovellas para o matadoiro".
37
Pero en todas estas cousas somos máis que vencedores por medio daquel que nos amou.
38
Porque estou convencido de que nin a morte, nin a vida, nin anxos, nin principados, nin o presente, nin o porvir, nin as potestades,
39
nin o alto, nin o profundo, nin ningunha outra cousa creada poderá arredarnos do amor de Deus que é en Cristo Xesús señor noso.