1
Digo entón: Por caso, Deus rexeitou seu pobo? Nunca! Porque eu tamén son israelí,descendente de Abraham, da tribo de Benxamín.
2
Deus non rexeitou seu pobo, que coñeceu con anterioridade. Ou non sabedes o que di a Escritura na pasaxe sobre Elías, como suplica a Deus contra Israel:
3
Señor, deron morte a teus profetas, derrubaron teus altares; e só fiquei eu, e atentan contra a miña vida?
4
Pero, que lle di a resposta divina?:Reservei para min sete mil homes que non dobraron o xeonllo a Baal.
5
E do mesmo modo, tamén ficou no tempo presente un remanente conforme a elección da graza de Deus.
6
Pero se é por graza, xa non é a base de obras, doutra maneira a graza non é graza. E se por obras, xa non é graza; doutra maneira a obra xa non é obra.
7
Entón que? Aquelo que Israel procura non o alcanzou, pero os que foron escollidos alcanzárono e os demais foron endurecidos;
8
así está escrito: Deus deulles un espíritu de perplexidade, ollos con que non ven e ouvidos con que non ouven, ata o día de hoxe.
9
E David di: O seu banquete convírtase en rede e engano, en pedra de tropezo e pago para eles.
10
Que seus ollos sexan oscurecidos para que non poidan ver, e dobra súas costas para sempre.
11
Digo entón: tropezaron para caer? Nunca! Pero pola súa transgresión veu a salvación aos xentís, para que tivesen ciumes.
12
E se a súa transgresión é riqueza para o mundo, e seu fracaso é riqueza para os xentís, canto máis será a súa plenitude!
13
Pero falo a vós, xentís. Entón, xa que eu son apóstolo dos xentís, honro meu ministerio,
14
se dalgunha maneira podo provocar ciumes nos meus compatriotas e salvar a algúns deles.
15
Pois se rexeitalos é a reconciliación do mundo, que será a súa aprobación, senón vida de entre os mortos?
16
E se o primeiro anaco de masa é santo, tamén o é toda a masa; e se a raíz é santa, tamén o son as ramaxes.
17
Porén se algunhas das ramas foron quebradas, e ti, sendo unha oliveira silvestre, fuches inxertado entre elas e fuches feito partícipe con elas do rico zume da raíz da oliveira,
18
non sexas arrogante coa ramaxe; pero se es arrogante, lembra que non es ti quen sustenta a raíz, senón a raíz é quen te sustenta a ti
19
Dirás entón: A ramaxe foi quebrada para que eu fose inxertado.
20
Moi certo; foron quebradas pola súa incredulidade, pero ti pola fe manteste firme. Non sexas altivo, mais teme;
21
porque se Deus non perdoou as ramas naturais, tampouco a ti te ha perdoar.
22
Mira, pois, a bondade e a severidade de Deus; severidade cos que caeron, pero para ti, bondade de Deus, se permaneces na súa bondade; pola contra, ti tamén serás cortado.
23
E tamén eles, se non permanecen na súa incredulidade, serán inxertados, pois poderoso é Deus para inxertalos de novo.
24
Porque se ti fuches cortado do que por natureza é unha oliveira silvestre, e contra o natural, fuches inxertado en oliveira cultivada, canto máis estos, que son ramaxe natural, serán inxertadas na súa propia oliveira?
25
Porque non quero irmaos que descoñezades este misterio, para que non sexades sabios na vosa propia opinión: que a Israel aconteceulle un endurecemento parcial atá que teña entrado da plenitude dos xentís.
26
e, deste modo, todo Israel será salvo; así como está escrito: O Libertador virá de Sión; afastará a maldade de Jacob.
27
E este é o meu pacto con eles, cando tire seus pecados.
28
Pero en relación ao Evanxeo, son inimigos pola vosa causa; pero en canto á eleción de Deus, son amados por causa de seus pais;
29
porque os dons e o chamamento de Deus son irrevogables
30
Pois así como vós noutro tempo fostes desobedientes a Deus, pero agora se vos mostrou misericordia por razón da desobediencia deles,
31
así tamén agora estes foron desobedientes, para que pola misericordia mostrada a vós, tamén a eles agora se lles mostre misericordia.
32
Porque Deus encerrou a todos en desobediencia para mostrar misericordia a todos.
33
Oh profundidade das riquezas e da sabiduría e do conecemento de Deus! Cuan insondábeis son seus xuizos e impenetrables seus camiños!
34
Pois quen coñeceu a mente do Señor? Ou quen chegou a ser seu conselleiro?
35
Ou quen lle deu a El primeiro para que se lle teña que recompensar?
36
Porque del, por El e para El son todas as cousas. A El sexa a gloria para sempre. Amén