Contarei todos os seus milagres;
2 contentareime e alegrareime en ti,
cantarei louvanzas ao teu nome, ó Altísimo!
3 Cando os meus inimigos recúan,tropezan e caen diante túa.
4 Porque ti mantés o meu dereito e a miña causa;
séntaste no trono xulgando con xustiza.
5 Reprendiches as nacións,destruíches o impío,
borraches o seu nome para sempre.
6 O inimigo chegou ao seu final
en eterna desolación,
e ti destruíches as súas cidades;
a súa memoria pereceu con elas.
7 Pero Iahveh permanece para sempre,fixou o seu trono para xuízo,
8 e xulgará o mundo con xustiza;
fará xuicio con equidade sobre os pobos.
9 Iahveh será fortaleza para o oprimido,baluarte en tempos de aflición.
10 Confiarán en ti os que coñecen o teu nome,
porque ti, ó Iahveh, non abandonas os que te procuran.
11 Cantade louvanzas a Iahveh, que mora en Sion;proclamade os seus feitos.
12 Porque o que salda as contas do sangue vertido, lémbrase deles;non esquece o choro dos oprimidos.
13 Ó Iahveh, ten piedade de min;mira a miña aflición por causa dos que me odian,
ti, que me levantas das portas da morte;
14 para que eu anuncie as túas louvanzas,
para que nas portas da filla de Sion
me goce na túa salvación.
15 As nacións afundiron no foso que elas fixeron,na rede que agacharon, prenderon o seu pé.
16 Iahveh deuse a coñecer;
executou xuízo.
O impío cae nos seus propios enredos
Higaión- Selah
17 Os impíos voltarán ao Seol,como todas as nacións que se esqueceron de Iahveh.
18 Pois os necesitados non serán esquecidos para sempre,
nen a esperanza dos aflixidos será por sempre.
19 Érguete, ó Iahveh; e non prevaleza o mortal;sexan xulgadas as nacións na túa presenza.
20 Pon temor nelas, ó Iahveh;
as nacións aprendan que son somentes homes.