Salmo 74 Masquil de Asaf

1 Ó Deus, por que nos rexeitaches para sempre?

Por que fumega a túa ira contra as ovellas do teu pasto?

2 Lémbrate do teu pobo, a que redimiches deste tempos antigos,

a que redimiches para facela tribo da túa herdanza,

e desde este monte Sión, onde habitaches.

3 Dirixe os teus pasos cara estas ruínas eternas,

e considera todo o dano que fixo o inimigo no santuario.

4 Os teus adversarios braman no medio do teu lugar de reunión,

puxeron os seus lábaros por sinais.

5 Semella como se alguén houbese levantado a machada

na espesura do bosque.

6 E agora con machadas e mazas,

esnaquizan as súas tallas

7 Prenderonlle lume ao teu santuario,

e até os alicerces profanaron a morada do teu nome.

8 Dixeron no seu corazón: Destruirémolos a todos!

e queimaron todas as sinagogas de Deus na terra.

9 Non vemos as nosas sinais,

non queda xa profeta,

nen hai entre nós quen saiba

até cando todo isto vai durar.

10 Até cando, ó Deus, ha blasfemar o adversario?

Desprezará o inimigo o teu nome para sempre?

11 Por que retiras a túa man, a túa destra?

Tíraa do teu seo e consúmeos!

12 Todavía Deus é o meu rei desde a antigüidade,

obrando salvación na terra.

13 Ti dividiches o mar co teu poder,

quebrantaches as cabezas dos monstruos das augas.

14 Ti aplastaches as cabezas do Lebiatán,

díchelo por comida aos que moran no deserto.

15 Ti abriches a fonte e o torrente,

ti secaches ríos bravos.

16 O día é teu, e a noite é túa tamén,

ti preparaches a lúa e o sol.

17 Ti estableciches todos os límites da terra;

ti fixeches o verán e o inverno.

18 Lémbrate de como o inimigo inxuriou a Iahveh,

e como un pobo tolo blasfemou o teu nome.

19 Non entregues ás feras a alma da túa pomba,

non te esquezas para sempre da vida dos teus aflixidos.

20 Mira a túa alianza,

porque os lugares escuros da terra están cheos de violencia.

21 Non permitas que o oprimido retorne avergoñado,

fai que os aflixidos e os pobres louven o teu nome.

22 Érguete, ó Deus, e defende a túa propia causa!

lémbrate de como o necio te inxuria todo o día.

23 Non te esquezas da voz dos teus adversarios,

o alborozo dos que se levantan contra ti, que sube de seguido.