sálvame dos que me perseguen e líbrame,
2 non sexa que algún me rasgue como león,
arrastrándome, e ninguén me libre.
3 Iahveh, meu Deus, se fixen eu isto,se nas miñas mans hai inxustiza,
4 se ao que estaba en paz comigo lle paguei con mal,
ou despoxei o meu inimigo sen motivo,
5 que o inimigo persiga a miña alma e me alcance; que esmague a miña vida en terra, e deixe a miña gloria no po. ( Selah=palmas) 6 Levántate Iahveh na túa ira;érguete contra a furia dos meu inimigos,
e espértate en favor meu; ti estableciches xuízo.
7 Que a asamblea dos pobos te rodee,
e ti regresa sobre dela no alto.
8 Iahveh xulga os pobos;xúlgame, ó Iahveh!, conforme á miña xustiza
e a integridade que hai en min.
9 A maldade dos impíos termine,
pero establece ti o xusto,
pois Deus xusto examina as mentes e os corazóns
10 O meu escudo está en Deus,que salva os rectos de corazón.
11 Deus é xuíz xusto,
e un Deus que cada día contra o impío se indigna.
12 Se o impío non se arrepinte, El afiará a súa espada;o seu arco está tenso e preparado.
13 Preparou tamén as súas armas de morte;
das súas fai flechas ardentes.
14 Velaí, coa maldade sofre dores,e concibe a iniquidade
e dá a luz engano.
15 Cavou un burato e afondouno,
e caeu no burato que fixo.
16 Voltará a súa iniquidade sobre a súa cabeza,
e a súa violencia caerá sobre a súa coroa.
17 Darei grazas a Iahveh conforme a súa xustiza, e cantarei louvanzas ao nome de Iahveh Altísimo.