cercaron a miña alma.
2 Fundinme na lama profunda,
e non hai onde facer pé;
cheguei ao profundo das augas,
e a corrente anégame.
3 Estou canso de chamar,a miña gorxa esta ronca
os meus ollos esmorecen
agardando o meu Deus.
4 Máis que os cabelos da miña cabeza,
son os que me aborrecen sen causa.
Os que tentan destruírme son fortes,
fixéronse inimigos meus sen razón,
e agora hei pagar o que non roubei.
5 Ó Deus! ti coñeces a miña insensatez,e os meus pecados non che son ocultos.
6 Non sexan avergoñados pola miña causa
os que esperan en ti, ó Señor, Iahveh dos Exércitos.
Non sexan confundidos pola miña causa
os que te buscan, ó Deus de Israel.
7 Porque pola túa causa sufrín deshonra,e a confusión cubriu o meu rostro.
8 Pasei a ser un estraño para os meus irmáns,
e un estranxeiro para os fillos da miña nai.
9 Pois o celo da túa casa consumiume,
e os vituperios dos que te inxurian
caeron sobre min.
10 Chorei aflixindo con xexún a miña alma,e isto foime por deshonra.
11 Puxen ademais pano de saco por vestido
e cheguei a ser un dito para eles.
12 Os que se sentan á porta
falan de min,
e fun verso das cantigas do viño.
13 Pero eu elevo a miña oración a ti,ó Iahveh! en tempo axeitado; ó Señor!
pola abundancia da túa misericordia,
respóndeme coa verdade da túa salvación.
14 Sácame do lodo e non deixes que afonde;
sexa libertado dos que me aborrecen,
e das profundidades das augas.
15 Non me leve a corrente das augas,
nen me trague o abismo,
Nen a fosa peche a súa boca sobre min.
16 Respóndeme, ó Iahveh,porque a túa misericordia é benigna,
vólvete a min conforme a multitude das túas piedades.
17 Non escondas o teu rostro do teu servo,
porque estou anguriado,
respóndeme de présa.
18 Achégate á miña alma e redímea!Rescátame por causa dos meus inimigos!
19 Ti coñeces a miña deshonra, a miña confusión e a a miña ignominia.
Diante de ti están todos os meus inimigos.
20 O oprobio quebrou o meu corazón, e estou doente;esperei compaixón, pero non a houbo,
busquei consoladores, pero non os topei.
21 Por comida déronme fel, e para a miña sede
vinagre déronme a beber.
22 Que a mesa diante deles se convirta en lazo,e cando estén en paz, se volva nunha trampa.
23 Sexan oscurecidos os ollos para que non vexan, e fai que os seus lombos treman continuamente. 24 Deita sobre eles a túa ira,
e que a túa indignación os prenda.
25 Sexa o seu pazo destruído,
e non more ninguén nas súas tendas.
26 Porque perseguen o que Ti aflixiches,e falan da dor dos que Ti feriches.
27 Engádelles iniquidade sobre a súa iniquidade,
e que eles non entren na túa xustiza!
28 Sexan borrados do libro da vida,E non sexan inscritos cos xustos!
29 Pero eu estou aflixido e con dor,
que a túa salvación, ó Deus, me poña en alto!
30 Louvarei o nome de Deus con cántico,e exaltareino con acción de grazas.
31 Isto agradará a Iahveh,
máis que o sacrificio dos bois,
ou o becerro con uñas e pezuños.
32 Os oprimidos verano e alegraranse.Vós, que buscades a Deus:
anímese o voso corazón.
33 Porque Iahveh escoita os necesitados,
e non menospreza os seus que están presos.
34 Lóuveno os ceos e a terra,os mares e todo no que neles se move.
35 Porque Deus salvará a Sion
e edificará as cidades de Xudá,
para que eles moren alí e a posúan.
36 E a descendencia dos seus servos herdaraa,
e os que aman o su nome morarán nela.