os que andan na lei de Iahveh!
2 Que felices son os que gardan os seus testemuños,
e o buscan con todo o corazón!
3 Non cometen iniquidade,senón que andan nos teus camiños.
4 Ti ordenaches os teus preceptos,
para que os gardemos con coidado.
5 Oxalá sexan afirmados os meus camiños,para gardar os teus estatutos!
6 Entón non me avergoñarei
ao considerar todos os teus mandamentos.
7 Con rectitude de corazón dairei as grazas,ao aprender os teus xuízos xustos.
8 Gardarei os teus estatutos,
non me desampares de todo.
9 Como pode o mozo gardar o seu camiño puro?Gardando a túa palabra.
10 Procureite con todo o meu corazón,
non permitas que me desvíe dos teus mandamentos.
11 Atesorei a túa palabra no meu corazón,para non pecar contra ti.
12 Bendito ti, ó Iahveh,
ensíname os teus estatutos.
13 Contei cos meus labios,todas as ordenanzas da túa boca.
14 Gozeime no camiño dos teus testemuños,
máis que en todas as riquezas.
15 Meditarei nos teus preceptos,e contemplarei os teus camiños.
16 Deleitareime nos teus estatutos,
e non me esquecerei da túa palabra.
17 Beneficia o teu servo,para que viva e garde a túa palabra.
18 Abre os meus ollos
para que vexa as marabillas da túa lei.
19 Son peregrino na terra,non agaches de min os teus mandamentos.
20 Rota está a miña alma,
desexando as túas ordenanzas en todo tempo.
21 Ti reprendes os soberbios,malditos son os que se desvían dos teus mandamentos.
22 Tira de min o oprobio e o desprezo,
porque eu gardo os teus testemuños.
23 Aínda que os príncipes se senten e falen en contra miña,o teu servo medita nos teus estatutos.
24 Tamén os teus testemuños son o meu deleite,
eles son os meus conselleiros.
25 A miña alma está deitada no po,vivifícame segundo a túa palabra.
26 Conteiche dos meus camiños, e ti respondíchesme;
ensíname os teus estatutos.
27 Faime entender o camiño dos teus preceptos,e meditarei nas túas marabillas.
28 A miña alma chora de tristeza,
dame forza segundo a túa palabra.
29 Afasta de min o camiño da mentira,e na túa vontade, concédeme a túa lei.
30 Escollín o camiño da verdade,
as túas ordenanzas puxen diante de min.
31 Apégome aos teus testemuños,non me avergoñes, Iahveh.
32 Correrei polo camiño dos teus mandamentos,
porque ti ensanchas o meu corazón.
33 Ensíname, ó Iahveh, o camiño dos teus estatutos,e gardareino até o fin.
34 Dame entendimento para que garde a túa lei,
e a garde con todo o meu corazón.
35 Fai que ande polo sendeiro dos teus mandamentos,porque me deleito nel.
36 Inclina o meu corazón aos teus testemuños,
e non para a ganancia sen honra.
37 Afasta os meus ollos de ollar vaidade,e vivifícame nos teus camiños.
38 Confirma o teu servo a túa palabra,
que inspira temor por ti.
39 Afasta de min o oprobio que me causa temor,porque os teus xuízos son bos.
40 Velaí que desexo os teus preceptos,
vivifícame segundo a túa xustiza.
41 Veña tamén a min a túa misericordia, ó Iahveh,a túa salvación, conforme a túa palabra.
42 E terei resposta ante o que me aldraxa,
pois na túa palabra confío.
43 Non tires da miña boca palabra de verdade,porque eu, nas túas ordenanzas agardo.
44 E gardarei a túa lei de continuo,
para sempre e eternamente.
45 E andarei en lugar amplo,porque busco os teus preceptos.
46 Tamén falarei dos teus testemuños diante de reis,
e non me avergoñarei.
47 Compracereime nos teus mandamentos,que os amo.
48 Levantarei as miñas mans aos teus mandamentos,
que os amo,
e meditarei nos teus estatutos.
49 Lémbrate da palabra dada ao teu servo,na que me fixeches esperar.
50 Este é o meu consolo na aflición:
porque a túa palabra deume vida.
51 Os soberbios insultáronme moito,porén non me afastei da túa lei.
52 Lémbrome dos teus mandamentos antigos, ó Iahveh,
e quedei consolado.
53 A causa dos malvados, a indignación domíname,que abandonan a túa lei.
54 Os teus estatutos son para min salmos,
na casa da miña peregrinación.
55 Lémbrome pola noite do teu nome, ó Iahveh,e gardo a túa lei.
56 Isto fixose parte miña:
porque gardei os teus preceptos.
57 A miña porción é Iahveh,prometín gardar as túas palabras.
58 De todo corazón supliquei o teu favor;
ten misericordia de min conforme á túa palabra.
59 Examinei os meus camiños,e volvín os meus pés aos teus testemuños.
60 Tiven présa e non demorei
en gardar os teus mandamentos.
61 Os lazos dos impíos prendéronme,pero non esquecín a túa lei.
62 A medianoite levanteime para che dar as grazas
polos teus mandamentos xustos.
63 Son compañeiro de todos os que te temen,e dos que gardan os teus preceptos.
64 A terra, ó Iahveh, está chea da túa misericordia.
Ensíname os teus estatutos!
65 Ó Iahveh, bondadoso fuches ao teu servo,segundo a túa palabra.
66 Ensíname a discernir e entender,
porque crin nos teus mandamentos.
67 Antes de ser aflixido, eu andaba errado,porén agora, gardo a túa palabra.
68 Ti es bo, e benfeitor,
ensíname os teus estatutos.
69 Os soberbios argallaron mentira contra min,pero eu atesouro os teus preceptos de todo corazón.
70 O corazón deles está cheo de sebo,
pero eu deléitome na Túa lei.
71 Foime bo ser humillado,para que aprenda os teus estatutos.
72 Para min é mellor a lei da túa boca,
que millares de ouro e prata.
73 As túas mans fixéronme e formáronme,dame entendemento para que aprenda os teus mandamentos.
74 Que os que te temen, ollen para min e alégrense,
porque eu agardo con ansia na túa palabra.
75 Ben sei, ó Iahveh, que os teus mandamentos son xustos,que na túa fidelidade aflixíchesme.
76 Que a túa misericordia me console,
conforme a prometiches ao teu servo.
77 Veña a miña túa misericordia para que eu viva,porque me deleito na túa Lei.
78 Sexan avergoñados os soberbios,
porque me difaman sen causa; eu mediterei nos teus mandamentos.
79 Volten a min os que te temene coñecen os teus testemuños.
80 Sexa o meu corazón íntegro nos teus estatutos,
para que eu non sexa avergoñado.
81 A miña alma desfalece pola túa salvación,na túa palabra espero.
82 Os meus ollos desfalecen esperando a túa palabra,
mentres digo: Cando me has consolar?
83 Aínda que chegei a ser como odre de viño na fumeira,non esquecín os teus estatutos.
84 Cantos son os días do teu servo?
Cando xulgarás os meus perseguidores?
85 Os soberbios cavaron fosas para min,os que non están dacordo coa túa lei.
86 Todos os teus mandamentos son fieis;
perseguíronme con mentira, axúdame!
87 Case me botan por terra,pero eu non abandono os teus preceptos.
88 Vivifícame conforme a túa misericordia,
para que garde os teus testemuños da túa boca
89 Ó Iahveh, a túa palabra permanece nos ceos para sempre.90 A túa fidelidade permanece por todas as xerazóns;
Ti afirmaches a terra, e ela permanece.
91 Polo teu mandato, todo subsiste até hoxe,porque todas as cousas te sirven.
92 Se a túa lei non fose o meu deleite,
xa houbese perecido na miña aflición.
93 Xamais me esquecerei dos teu preceptos,porque neles me vivificáches.
94 Son teu, Iahveh, sálvame,
pois procurei os teus preceptos
95 Os impíos espéranme para destruírme;pero eu considerarei os teus testemuños.
96 Vin un límite en toda perfección;
o teu mandamento é inmenso
97 Como amo a túa lei!todo o día medito nela.
98 Os teus mandamentos fanme máis sabio que os meus inimigos,
porque son meus para sempre.
99 Teño máis discernimento que todos os meus mestres,porque os teus testemuños son a miña meditación.
100 Entendo máis que os anciáns,
porque os teus preceptos gardei.
101 Refrenei os meus pés de todo mal camiño,para gardar a túa palabra.
102 Non me desviei das túas ordenanzas,
porque ti me ensinaches.
103 Que doces son ao meu paladar as túas palabras!máis que o mel á miña boca.
104 Dos teus decretos recibo entendemento,
por tanto aborrezo todo camiño de mentira.
105 A túa palabra é lámpada aos meus pés,e luz para o meu camiño.
106 Xurei, e confírmoo:
Gardarei os teus mandamentos xustos.
107 Estou moi aflixido;ó Iahveh, vivifícame coa túa palabra!
108 Rógoche, aceptes agora as ofrendas voluntarias da miña boca,
ó Iahveh, ensíname os teus xuízos.
109 A miña vida está de continuo en perigo,pero non esquecín a túa lei.
110 Os impíos tendéronme artimañas,
pero non me desviei dos teus preceptos.
111 Tomei os teus testemuños como herdanza para sempre,porque son o gozo do meu corazón.
112 Inclinei o meu corazón a cumprir os teus estatutos,
por sempre e até o fin.
113 Aborrezo os hipócritas,pero amo a túa lei.
114 Ti es o meu abrigo e o meu escudo,
na túa palabra espero.
115 Afastádevos de min, malfeitores,para que garde os mandamentos do meu Deus.
116 Susténtame segundo a túa promesa, e vivirei,
e non deixes que me avergoñe da túa esperanza.
117 Sostenme para estar seguro,e que atenda continuamente os teus estatutos.
118 Rexeitas a todos os que se desvían dos teus estatutos,
porque as súas maquinacións son falsas.
119 Rexeitas, como lixo, todos os impíos da terra,por iso amo os teus testemuños.
120 A miña carne treme por temor a ti,
e teño medo dos teus xuízos.
121 Practiquei o xuízo e a xustiza,non me entregues aos meus opresores.
122 Sé garantía do teu servo para ben,
que non me opriman os soberbios.
123 Desfalecen os meus ollos pola túa salvación,e pola promesa da túa xustiza.
124 Fai co teu servo segundo a túa misericordia,
e ensíname os teus estatutos.
125 Eu son o teu servo, dame entendemento,para que coñeza os teus testemuños.
126 Tempo é para actuar, ó Iahveh,
porque invalidaron a túa lei.
127 Por iso amo os teus mandamentos,máis que o ouro puro.
128 Por iso estimo rectos todos os teus mandamentos sobre todas as cousas,
e aborrezo todo camiño de mentira.
129 Marabillosos son os teus testemuños,por iso os garda a miña alma.
130 A explicación das túas palabras da luz,
fai que os simples entendan.
131 Abrín a miña boca e suspirei,porque desexaba os teus mandamentos.
132 Volve o teu rostro cara min,
e ten de min misericordia,
como sempre fas cos que aman o teu Nome.
133 Afirma os meus pasos na túa palabra,e que ningunha iniquidade me goberne.
134 Líbrame da opresión do home,
para que garde os teus mandamentos.
135 Fai resplandecer o teu rostro sobre o teu servo,e ensíname os teus estatutos.
136 Ríos de bágoas botan os meus ollos,
porque eles non gardan a túa lei.
137 Ti es xusto, Iahveh,e os teus xuízos son rectos.
138 Ordenaches os teus testemuños con xustiza,
e con grande fidelidade.
139 O meu celo consúmeme,porque os meus adversarios esqueceron as túas palabras.
140 A túa palabra é moi pura,
e o teu servo, ámaa.
141 Son pequeno e desprezado,mais non esquezo os teus preceitos.
142 A túa xustiza é xustiza eterna,
e a túa lei, verdade.
143 Angustia e aflición viñeron sobre min,mais os teus mandamentos son o meu deleite.
144 Os teus testemuños son xustos para sempre;
dame entendemento para que eu viva.
145 Clamei con todo o meu corazón; respóndeme, Iahveh!gardarei os teus estatutos.
146 Clamei a Ti, sálvame,
e gardarei os teus testemuños.
147 Antes do amencer clamo;con anhelo agardo na túa palabra.
148 Os meus ollos están abertos, antes das vixilias da noite,
para meditar na túa palabra.
149 Ouve a miña voz, conforme á túa misericordia,vivifícame conforme ao teu decreto.
150 Os meus perseguidores achéganse á maldade,
afástanse da túa Lei.
151 Porén Ti, Iahveh, estás perto,e todos os teu mandamentos son verdadeiros.
152 Hai moito que comprendín os teus testemuños,
que os estableciches para sempre.
153 Olla a miña aflición e líbrame,porque non esquezo a túa lei.
154 Defende a miña causa e rescátame;
e vivifícame segundo a túa palabra.
155 A salvación está lonxe dos malvados,porque non procuran os teus estatutos.
156 As túas misericordias son moitas, ó Iahveh! Vivifícame conforme a túa xustiza! 157 Moitos son os meus perseguidores e inimigos,
pero eu non me afasto dos teus testemuños.
158 Vexo os traidores e sinto repulsa,
porque non gardan a túa palabra.
159 Mira canto amo os teus preceptos;vivifícame, Iahveh, conforme á túa misericordia.
160 A suma da túa palabra é verdade,
e todo decreto de xustiza é eterno.
161 Príncipes perséguenme sen motivo,pero o meu corazón teme as túas palabras.
162 Gózome na túa palabra,
como quen atopa un grande despoxo.
163 Aborrezo e desprezo a mentira,pero amo a túa lei.
164 Lóuvote sete veces ao día,
a causa dos teus mandamentos xustos.
165 Os que aman a túa lei teñen moita paz,e non teñen pedra para tropezar.
166 Ó Iahveh, esperei pola túa salvación,
e cumpro os teus mandamentos.
167 A miña alma garda os teus testemuños,e ámaos con intensidade.
168 Gardo os teus preceptos e os teus testemuños,
porque os meus camiños están diante túa.
169 Chegue o meu clamor a ti, ó Iahveh;Dame entendemento conforme á túa palabra.
170 Chegue a miña oración á túa presenza,
líbrame conforme a túa palabra.
171 Pronuncien os meus labios louvanzas,porque ti me ensinas os teus estatutos.
172 Que a miña lingua fale da túa palabra,
porque todos os teus mandamentos son xustos.
173 Que a túa man me socorra,porque escollín os teus preceptos.
174 Desexo a túa salvación, ó Iahveh,
e a túa lei é o meu pracer.
175 Viva a miña alma para louvarte,e que os teus xuízos me axuden!
176 Andiven errante como ovella descarreirada;
Busca o teu servo, porque non esqueceu os teus mandamentos!