2 Porque contra min abriron a súa boca impía e enganosa; con enganos falaron en contra miña.
3 Rodeáronme tamén con palabras de odio, e sen causa loitaron en contra miña. 4 En pago do meu amor, obran como os meus acusadores, pero eu oro.
5 Así me pagan mal por ben e odio polo meu amor. 6 Pon un impío sobre el, e que un acusador esté a súa dereita.
7 Cando sexa xulgado, que saia culpable, e que a súa oración se converta en pecado. 8 Os seus días sexan poucos, e que outro tome o seu cargo; 9 Os seus fillos sexan orfos e viúva a súa muller ; 10 Os seus fillos vaguen, pidan esmola, e busquen o sustento lonxe dos seus fogares en ruínas. 11 Que o acredor se apodere de todo o que ten, e estraños saqueen o froito do seu traballo.
12 Que non haxa quen lle dea misericordia, nen haxa quen teña piedade dos seus orfos; 13 sexa exterminada a súa posterioridade, o seu nome sexa borrado na seguinte xeración. 14 A iniquidade dos seus pais sexa recordada ante Iahveh, e non sexa borrado o pecado da súa nai.
15 Estean continuamente diante de Iahveh, para que El corte da terra a súa memoria;
16 porque el non amosou misericordia, senón que perseguiu o aflixido, o necesitado e o corazón decaído para matalos. 17 Amaba, tamén, a maldición, e caeu sobre el; non se deleitou na bendición, e ela alonxouse del.
18 Vestíuse de maldición coma si fose o seu manto, e entrou como auga no seu corpo, e como o aceite nos seus ósos. 19 Sexa como vestidura coa que se cubra, e por cinto co que se cingue sempre.
20 Esta sexa a paga de Iahveh para os meus acusadores, e para os que contra a miña alma,
falen mal.
21 Mais ti, ó DEUS!, Iahveh, por amor do teu nome faime ben; líbrame, pois a túa misericordia é boa ; 22 porque aflixido e necesitado estou, e o meu corazón está ferido dentro de min.23 Vou pasando como sombra que se alonga; son sacudido como a langosta. 24 Os meus xeonllos están débiles polo xexún, e a miña carne sin gordura adelgazou.
25 Convertinme tamén en obxecto de reproche para eles; cando me ven, menean a cabeza. 26 Axúdame Iahveh, meu Deus, sálvame conforme a túa misericordia, 27 e que saiban que esta é a túa man, que ti, Iahveh, o fixeches. 28 Maldigan eles, pero ti bendice, cando se levanten serán avergoñados, pero o teu servo alegrarase.
29 Serán vestidos de censura os meus acusadores, e cubriranse coa súa propia vergoña como cun manto. 30 Coa miña boca darei moitas grazas a Iahveh, e en medio da multitude louvareino.
31 Porque El está á dereita do pobre, para salvalo dos que xulgan a súa alma.