Salmo 142 Masquil de David. Cando estaba na cova. Pregaria.

1 A Iahveh clamo coa miña voz.

a Iahveh rogo misericordia coa miña voz.

2 Na súa presenza expoño a miña queixa,

na súa presenza expoño a miña angustia,

3 mentres, o meu espíritu esmorece dentro de min,

pero ti coñeces o meu sendeiro,

que polo camiño polo que ando,

esconderon unha trampa para min.

4 Olla a miña destra e observa,

que non hai quen me recoñeza.

Non teño refuxio e non hai quen pregunte por min.

5 A ti clamo, ó Iahveh!

dígoche: Ti es o meu refuxio,

a miña porción na terra dos vivintes.

6 Escoita o meu clamor,

pois estou en gran maneira abatido!

Líbrame dos que me perseguen,

porque son máis fortes que eu.

7 Tira a miña alma da prisión,

para que dé grazas ao teu nome,

os xustos han me rodear,

porque ti me encherás de bendizóns.