Salmo 128 Cántico de ascenso gradual.

1 Que feliz é o que teme a Iahveh,

e anda nos seus camiños!

2 Cando comas do traballo das túas mans,

serás benaventurado e irache ben.

3 A túa muller será como a vide con froito

no interior da túa casa;

os teus fillos como agromos da oliveira

arredor da túa mesa.

4 Velaí que así será abenzoado o valente

que teme a Iahveh.

5 Que Iahveh te abenzoe desde Sion

e vexas a prosperidade de Xerusalém todos os días da túa vida,

6 e vexas aos fillos dos teus fillos.

Paz sexa sobre Israel!