Salmo 109
Para o director do coro. Salmo de David.
1
Oh Deus, da miña louvanza, non cales.
2
Porque contra min abriron a súa boca impía e enganosa; con enganos falaron en contra miña.
3
Rodeáronme tamén con palabras de odio, e sen causa loitaron en contra miña.
4
En pago do meu amor, obran como os meus acusadores, pero eu oro.
5
Así me pagan mal por ben e odio polo meu amor.
6
Pon un impío sobre el, e que un acusador esté a súa dereita.
7
Cando sexa xulgado, que saia culpable, e que a súa oración se converta en pecado.
8
Os seus días sexan poucos, e que outro tome o seu cargo;
9
Os seus fillos sexan orfos e viúva a súa muller ;
10
Os seus fillos vaguen, pidan esmola, e busquen o sustento lonxe dos seus fogares en ruínas.
11
Que o acredor se apodere de todo o que ten, e estraños saqueen o froito do seu traballo.
12
Que non haxa quen lle dea misericordia, nen haxa quen teña piedade dos seus orfos;
13
sexa exterminada a súa posterioridade, o seu nome sexa borrado na seguinte xeración.
14
A iniquidade dos seus pais sexa recordada ante Iahveh, e non sexa borrado o pecado da súa nai.
15
Estean continuamente diante de Iahveh, para que El corte da terra a súa memoria;
16
porque el non amosou misericordia, senón que perseguiu o aflixido, o necesitado e o corazón decaído para matalos.
17
Amaba, tamén, a maldición, e caeu sobre el; non se deleitou na bendición, e ela alonxouse del.
18
Vestíuse de maldición coma si fose o seu manto, e entrou como auga no seu corpo, e como o aceite nos seus ósos.
19
Sexa como vestidura coa que se cubra, e por cinto co que se cingue sempre.
20
Esta sexa a paga de Iahveh para os meus acusadores, e para os que contra a miña alma,
falen mal.
21
Mais ti, ó DEUS!, Iahveh, por amor do teu nome faime ben; líbrame, pois a túa misericordia é boa ;
22
porque aflixido e necesitado estou, e o meu corazón está ferido dentro de min.
23
Vou pasando como sombra que se alonga; son sacudido como a langosta.
24
Os meus xeonllos están débiles polo xexún, e a miña carne sin gordura adelgazou.
25
Convertinme tamén en obxecto de reproche para eles; cando me ven, menean a cabeza.
26
Axúdame Iahveh, meu Deus, sálvame conforme a túa misericordia,
27
e que saiban que esta é a túa man, que ti, Iahveh, o fixeches.
28
Maldigan eles, pero ti bendice, cando se levanten serán avergoñados, pero o teu servo alegrarase.
29
Serán vestidos de censura os meus acusadores, e cubriranse coa súa propia vergoña como cun manto.
30
Coa miña boca darei moitas grazas a Iahveh, e en medio da multitude louvareino.
31
Porque El está á dereita do pobre, para salvalo dos que xulgan a súa alma.